Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  BIOMECÁNICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 C1 Permite comprobar a coherencia e o sentido do proceso de ensino-aprendizaxe, en canto que constitúe un referente que guía a toma de decisións que van dende a conexión dos obxectivos cos resultados de aprendizaxe, pasando pola metodoloxía utilizada, os instrumentos para a certificación dos niveis de coñecementos, etc. 70
Sesión maxistral A1 A2 C1 Tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Os contidos abordados nas sesións maxistrais serán obxecto de avaliación mediante probas de comprensión, e traballos tutelados. No entanto, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude e participación razoada.
10
Proba práctica A2 C1 Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente tivese feito durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia a NOTA obtida deberá ser igual ou superior ao 50% da puntuación posible, sendo imprescindible acadar un 5 na proba obxectiva. A proba práctica sumarase coa proba obxectiva sempre e cando a cualificación da mesma sexa de 4 ou superior.   

As
porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións
dun curso a outro en función das necesidades da materia; no entanto, o
valor do exame (proba obxectiva e proba práctica) nunca será inferior ao
70% da nota final, e o valor da avaliación continuada (traballos
tutelados e lecturas) nunca será superior ao 30%

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes