Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  PSICOLOXÍA
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) PSICOLOXÍA Código 651G01012
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Segundo Formación básica 9
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Dumitru , Adina Claudia
Correo electrónico
adina.dumitru@udc.es
Profesorado
Dumitru , Adina Claudia
Franco Taboada, Victoria
Vieites Lestón, Tania
Correo electrónico
adina.dumitru@udc.es
v.franco@udc.es
t.vieites@udc.es
Web
Descrición xeral Os contidos da materia contemplan entre as súas actividades formativas o coñecemento psicosocial do paciente e da actividade profesional, así como o coñecemento e manexo da relación profesional da saúde-paciente. Entre os obxectivos fundamentais desta materia atópanse que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios para identificar os factores psicolóxicos e sociais que inflúen no estado de saúde ou enfermidade das persoas, familias e comunidade; que comprendan os aspectos psicolóxicos na relación fisioterapeuta-paciente; que interioricen conceptos como saúde, calidade de vida e benestar e interrelaciónelas entre os mesmos; que coñezan e desenvolvan as bases da comunicación humana como base das relacións interpersoais; que adquiran coñecementos sobre as interaccións entre as emocións, a saúde e a tensión, desenvolvendo estratexias de traballo e afrontamiento adecuadas para mellorar as súas habilidades como futuros profesionais do campo da saúde; que adquiran coñecementos sobre os problemas de deterioración cognitiva, de procesos dexenerativos asociados ás demencias e os problemas derivados da diversidade funcional mental psíquica e física, desenvolvendo recursos e tecnicas de estimulación cognitiva e fisioterapéutica para unha intervención adaptada ás características particulares do paciente; que comprendan a importancia do propio proceso de aprendizaxe ao longo de toda a vida e que desenvolvan a capacidade de identificar os factores que interveñen no traballo en equipos multidisciplinares no ámbito da saúde. Desde unha perspectiva psicopedagóxica, a docencia dunha materia destas características para futuros fisioterapeutas debe fornecerlles non só os coñecementos e a metodoloxía necesaria para facer fronte ás situacións particulares coas que se poden atopar na súa vida profesional, senón tamén axudarlles a desenvolver unhas actitudes de reflexión, de crítica e de compromiso para facer fronte ás mesmas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral Discusión dirixida Estudos de caso Lecturas Traballos tutelados (computa na avaliación) Atención personalizada Proba obxectiva (computa na avaliación) Presentación oral en grupo pequeno (computa na avaliación) Metodoloxías docentes que se modifican As prácticas de laboratorio pasarán a ser presentacións e debates en grupo pequeno, sobre unha serie de casos, supostos, ou situacións reais. Todas as metodoloxías docentes realizaranse en formato virtual. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Duas veces por semana. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas ou facer seguimento de traballos tutelados. – Campus virtual UDC (Moodle): Haberá “foros temáticos” asociados aos módulos, e “foros de actividade específica” para realizar as “discusións dirixidas”, a través das cales se desenvolven ou se poñen en práctica os contidos teóricos da materia. – Teams: 1 sesión semanal en grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. 4. Modificacións na avaliación Proba obxectiva (50 %). Valoraranse os coñecementos teóricos adquiridos e a habilidade para relacionar información, a través dunha serie de preguntas tipo test. É necesario alcanzar polo menos unha nota de 5 sobre 10 na proba obxectiva para calcular a nota final. En caso contrario a materia aparecerá como non superada coa cualificación obtida no exámen. O alumnado que non se matricule por primeira vez será avaliado só pola proba obxectiva, que supoñerá o 100 % dos criterios de avaliación. Traballos tutelados (25 %): En relación aos traballos tutelados valorarase: - A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. - A profundidade do contido - O tratamento nunha linguaxe apropiada para o contexto disciplinar. - A utilización de fontes documentais complementarias e actuais - A presentación e a claridade da exposición. Presentacións en grupo pequeno (15 %) - A profundidade do contido - O tratamento nunha linguaxe apropiada para o contexto disciplinar. - A utilización de fontes documentais complementarias e actuais - A presentación e a claridade da exposición Participación nos debates das clases interactivas, que se realizarán de forma virtual (10 %). Valoraranse a participación activa a través de preguntas, respostas, e expresar opinións en debates desde unha actitude colaborativa e construtiva. Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, salvo que: As referencias ao cómputo de asistencia, que soamente se realizará respecto das sesións que foron presenciais ata o momento da súa suspensión. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se fixeron modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes