Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  CINESITERAPIA: BASES DO EXERCICIO TERAPÉUTICO
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) CINESITERAPIA: BASES DO EXERCICIO TERAPÉUTICO Código 651G01013
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Bello Rodriguez, Olalla
Correo electrónico
olalla.bello@udc.es
Profesorado
Bello Rodriguez, Olalla
Naia Entonado, Zeltia
Correo electrónico
olalla.bello@udc.es
zeltia.naia@udc.es
Web
Descrición xeral Tendo en conta a importancia do Movemento no ámbito da Fisioterapia como alicerce fundamental tanto na avaliación como na terapéutica, esta materia pretende servir de base para o desenvolvemento curricular do alumno/a en todos os aspectos relacionados coa terapia a través do exercicio físico. Deste xeito, abordaranse temáticas que van desde os métodos e sistemas de avaliación do movemento humano, as adaptacións xerais e específicas do organismo á actividade física, así como a prescrición do exercicio como ferramenta terapéutica en todos os seus ámbitos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Ningunha 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión Maxistral Prácticas de laboratorio Traballos tutelados Proba mixta *Metodoloxías docentes que se modifican Sesión magistral: levarase a cabo de xeito virtual. Prácticas de laboratorio: levaranse a cabo de xeito virtual. Proba práctica: desaparece pola súa dificultade de realización por medios virtuais. Traballos tutelados: as exposicións llevaranse a cabo de xeito virtual Proba mixta: aumenta o se peso na avaliación e levarase a cabo de xeito virtual 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguemento dos traballos tutelados - Moodle: Semanalmente o cunha frecuencia superior segundo a necesidade do alumando e profesorado - Teams: Semanalmente en gran grupo para o avance dos contidos/ traballos /dúbidas na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Tamén en sesións de frecuencia variable en función da demanda do alumnado 4. Modificacións na avaliación Sesión Maxistral (10 %): Os conteidos tratados nestas sesións serán obxecto de avaliación mediante a proba proba mixta Valorarase tamén a asistencia e a realización de traballos propostos, de forma continuada durante o curso. Esta avaliación suporá un 10% da nota final, no caso de superar os traballos tutelados. Prácticas de laboratorio (10%): Os contidos tratados nestas prácticas serán obxecto de avaliación mediante a proba mixta. Valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude e participación razoada, de forma continuada durante todo o curso. A avaliación continuada das prácticas suporá un 10 % da nota final en caso de superar os traballos tutelados. Traballos tutelados (30%): Valorarase a realización e exposición dos traballos propostos. Será necesario obtener un 5 sobre 10 esta evaluación para a superación da materia. Proba Mixta (50 %): Exame de todos os contidos da materia. O tipo de exame poderá incluír preguntas tipo test e/ou preguntas de resposta breve e/ou para desenvolver. Se o profesorado e a maioría simple do alumnado así o acorda, poderán realizarse unha o varias probas teóricas da materia durante o curso, de forma que no caso de superalas, o alumnado poida liberar parte ou toda a materia da proba mixta nas convocatorias oficiais. Superar esta proba será requisito indispensable para aprobar a materia. *Observacións de avaliación: A calificación de Non Presentado otorgarase a todos aqueles alumnos que non se presenten a proba mixta en cada unha das convocatorias oficiais. No caso de non superar a proba mixta, a calificación que aparecerá nas actas será a desta proba. O profesor da materia poderá decidir libremente o número de Matrículas de Honra a outorgar entre as máximas estabrecidas anualmente. Estas poderanse conceder entre aqueles alumnos que teñan a calificación de sobresaínte, adxudicándose por orde de calificación segundo a media entre a nota da avaliación continuada da sesión maxistral e a das prácticas de laboratorio. Os alumnos que xa cursasen a materia en anos anteriores, os alumnos con matrícula a tempo parcial, dispensa académica de exención de asistencia e os alumnos que se estén presentando á oportunidade de xullo, poderán ser avaliados mediante a proba mixta, os traballos tutelados, e outro traballo có mesmo valor da avaliación continuada das sesións maxistrais e das prácticas. Os prazos de entrega, a temática  e normas deste traballo serán publicados no moodle da materia.  5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes