Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  CINESITERAPIA: BASES DO EXERCICIO TERAPÉUTICO
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A2 A3 A7 Os contidos tratados nestas clases interactivas de aprendizaxe colaborativo serán obxecto de avaliación mediante a proba mixta.

Valorarase tamén a asistencia e a realización de traballos propostos, de forma continuada durante todo o curso. Esta avaliación suporá un 10% da nota final en caso de superar probar práctica e a proba mixta.
10
Prácticas de laboratorio A6 A7 A8 B15 Os contidos tratados nestas prácticas serán obxecto de avaliación mediante a proba mixta.

Valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude e participación razoada, de forma continuada durante todo o curso. A avaliación continuada das prácticas suporá un 5% da nota final en caso de superar a proba práctica e a proba mixta.
5
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A7 Exame de todos os contidos da materia, que inclúe os tratados nas sesións maxistrais, prácticas, sesións de aprendizaxe colaborativo e lecturas recomendadas. O tipo de exame será de exposición escrita podendo incluír preguntas tipo test e/ou preguntas de resposta breve e/ou para desenvolver.

Superar esta proba será requisito indispensable para aprobar a materia. Os alumnos terán dúas opcións para superar a proba mixta:

1. Ao longo do curso, xa que se realizarán distintas probas de avaliación dos contidos. Para superar esta opción, os alumnos deberán sacar polo menos un 5 sobre 10 en cada unha das probas propostas polo profesorado.

2. Nas oportunidades oficiais de xaneiro e xullo.

Os alumnos que superasen a opción 1 pero queiran subir a nota mediante a opción 2, poderán presentarse a última pero non se lles manterá a nota anterior. alumnos que superasen a opción 1 pero queiran subir a nota mediante a opción 2, poderán presentarse a este última pero non se lles manterá a nota anterior.
55
Proba práctica A6 A7 A8 Exame práctico de todos os contidos da materia.

Superar esta proba será requisito indispensable para aprobar a materia. Os alumnos terán dúas opcións para realizar a proba práctica:

1. Ao longo do curso, xa que se realizará unha ou varias probas de avaliación durante as prácticas.

2. Nas oportunidades oficiais de xaneiro e xullo.

Os alumnos que superasen a opción 1 pero queiran subir a nota mediante a opción 2, poderán presentarse a este última pero non se lles manterá a nota anterior.
30
 
Observacións avaliación

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes