Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA MANUAL E OSTEOPÁTICA I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) FISIOTERAPIA MANUAL E OSTEOPÁTICA I Código 651G01014
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Coordinación
Fernandez Cervantes, Ramon
Correo electrónico
ramon.fcervantes@udc.es
Profesorado
Fernandez Cervantes, Ramon
Martinez Bustelo, Sandra
Souto Gestal, Antonio
Correo electrónico
ramon.fcervantes@udc.es
s.martinez1@udc.es
antonio.souto@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia recollense contidos específicos do campo da Fisioterapia coa a fin de que os alumnos adquiran unha visión ecléctica dos diversos métodos e técnicas para o diagnóstico e a terapéutica propostas por diversas escolas e autores do campo das terapias manuais. As terapias manuais no seu conxunto, incluindo a osteopatía, constituen un conxunto de procedementos de intervención clínica orientados á detección e tratamento das alteracións biomécanicas que afectan o aparello locomotor e nas que o meirande síntoma e a dor. O paradigma que encadra estes procedementos artellase dentro dunha visión holística da función corporal, na existencia dunha relación recíproca entre a estructura e a función corporais mediada polo sistema nervoso central e na interpretación da dor de costas dentro dun modelo biopsicosocial. O/a estudante deberá coñecer os fundamentos teóricos dos diferentes métodos e técnicas e o seu campo de aplicación na clínica, asemade adquirirá as habilidades psicomotrices necesarias para executar, con precisión profesional, as intervencións manuais necesarias para poder ensaiar esta modalidade de terapia. Deberá coñecer o proceso de avaliación e diagnóstico funcional que anteceda á terapia manipulativa, os métodos terapéuticos, a súa fundamentación científica e neurofisiolóxica, as fases de execución e aplicación das manipulacións en todas as súas variantes, dominando un número de técnicas seleccionado que lle permitan abordar a meirande parte dos trastornos do aparello locomotor que sexan susceptibles de beneficiarse desta modalidade terapéutica.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes