Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA MANUAL E OSTEOPÁTICA I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) FISIOTERAPIA MANUAL E OSTEOPÁTICA I Código 651G01014
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Fernandez Cervantes, Ramon
Correo electrónico
ramon.fcervantes@udc.es
Profesorado
Fernandez Cervantes, Ramon
Martinez Bustelo, Sandra
Pose Gontad, Alba
Souto Gestal, Antonio
Correo electrónico
ramon.fcervantes@udc.es
s.martinez1@udc.es
alba.poseg@udc.es
antonio.souto@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia recollense contidos específicos do campo da Fisioterapia coa a finalidade de que os estudantes adquiran unha visión ecléctica dos diversos métodos e técnicas para o diagnóstico e a terapéutica propostas por diversas escolas e autores do campo das terapias manuais. As terapias manuais no seu conxunto, incluindo a osteopatía, constituen unha ampla colección de procedementos de intervención clínica orientados á detección e tratamento das alteracións biomécanicas que afectan o aparello locomotor e nas que o meirande síntoma e a dor. O paradigma que encadra estes procedementos artellase dentro dunha visión holística da función corporal, na existencia dunha relación recíproca entre a estructura e a función corporais mediada polo sistema nervoso central e na interpretación da dor de costas dentro dun modelo biopsicosocial. O/a estudante deberá coñecer os fundamentos teóricos dos diferentes métodos e técnicas e o seu campo de aplicación na clínica, asemade adquirirá as habilidades psicomotrices necesarias para executar, con precisión profesional, as intervencións manuais necesarias para poder ensaiar esta modalidade de terapia. Deberá manexar eficazmente o proceso de avaliación e diagnóstico funcional que antecede á terapia manipulativa, os métodos terapéuticos, a súa fundamentación científica e neurofisiolóxica, as fases de execución e aplicación das manipulacións en tódalas súas variantes, dominando un número de técnicas seleccionado que lle permitan abordar a meirande parte dos trastornos do aparello locomotor que sexan susceptibles de beneficiarse desta modalidade terapéutica.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se efectúan modificacións nos contidos. 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen adaptándoas ao formato telemático) - Sesión Maxistral. - Actividade Colaborativa. - Recensión Bibliográfica. - Proba Mixta. - Proba Práctica. Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión Maxistral. Adaptarase ao formato telemático, de forma que se facilitarán contidos a través dá plataforma Moodle e utilizarase a plataforma Teams para garantir a interactividade. A proba mixta realizarase igualmente en formato telemático a través das plataformas de teleformación Moodle e/ ou MS Teams. Modifícase a metodoloxía de Práctica de Laboratorio. Os contidos serán abordados e compensados a través de teledocencia co apoio de materiais audiovisuais (seminarios prácticos alternativos). A proba práctica de execución real será así mesmo substituída por unha proba práctica alternativa, que se realizará a través das plataformas de teledocencia. Para iso, cada estudante deberá dar cumprida resposta aos supostos prácticos presentados (proba de diagnóstico e/ou intervención terapéutica). O/a estudante debe ser capaz de identificar o que está a visualizar en pantalla, así como describir de forma desagregada os diferentes compoñentes da técnica ou test (posición do terapeuta e paciente en relación á disfunción, tomas, dirección das forzas aplicadas, interpretación diagnóstica dos potenciais resultados obtidos) así como outras cuestións técnicas relativas ao ritmo, tempos de aplicación, indicacións e/ou potenciais contraindicacións. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: O alumnado poderá establecer comunicación escrita co profesorado a demanda por correo e, Teams ou Moodle. Tamén, previa solicitude por escrito, poderá acceder a reunións virtuais. Os/as docentes poderán programar e establecer reunións virtuais cos estudantes individualmente ou en grupos para realizar exposicións de contidos, seguimento e asesoramento na realización de tarefas e correccións de traballos. 4. Modificacións na avaliación: Modifícanse as porcentaxes outorgadas á avaliación de cada unha das seguintes metodoloxías: - Sesión Maxistral 5%. - Avaliación Continuada seminarios prácticos alternativos 10% - Actividade Colaborativa 10%. - Recensión Bibliográfica 10% - Proba Mixta 35%. Observacións de avaliación: Mantense a porcentaxe de avaliación outorgado á Proba Práctica alternativa en 30%. Os/ as estudantes que non asistisen ás clases (presenciais ou no seu defecto telemáticas) e/ou non teñan realizado ou completado as actividades de avaliación continuada, presenciais ou non presenciais, deberán realizar un exame final teórico-práctico a través de MS Teams que ponderará o 100% da avaliación. A cualificación realizarase nun rango de 0 a 10. O 10 representa o valor máximo e total que se pode obter na materia. Para optar á realización da Proba Mixta o/o alumno/a deberá obter no sumatorio das avaliacións das diferentes metodoloxías unha puntuación mínima de 2, e no seu defecto deberá superar un exame oral teórico-práctico a través de MS Teams que ponderará o 100% da calificación. Para conceder Matrícula de Honra realizarase unha proba oral ( Teams). Poderán optar os/ as alumnos/ as que alcancen as seis cualificacións máis altas e, no seu caso, os que empaten coa menor delas aínda que sexan máis de seis. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizan modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes