Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA MANUAL E OSTEOPÁTICA I
   Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Ao tratarse dunha materia de fundamentos teóricos-prácticos para alumnos de segundo curso, a atención personalizada está orientada a axudar ao alumno na clarificación de conceptos interrelacionados, resolución de dúbidas e adquirir unha visión integrada deste corpo de coñecementos. Ademais, poderá utilizarse para explicar habilidades prácticas buscando a integración cos contidos teóricos. Tamén posúe o obxectivo de axudarlle na procura e interpretación das fontes bibliográficas.
Para a tutorización desta metodoloxía docente establécense tres horas de atención personalizada distribuídas regularmente ao longo do curso, na que se poden resolver cuestións de tipo tanto teórico como práctico.
A atención personalizada realizarase, cando así proceda, de forma preferentemente telemática, facendo uso do correo electrónico e plataforma Teams, nos horarios establecidos e/o previa solicitude por parte do/a estudiante.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes