Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA MANUAL E OSTEOPÁTICA I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral B6 Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Durante esta proba o alumno deberá amosar os seus coñecementos e as súas habilidades psicomotrices na execución dos diferentes procedementos exploratorios e terapéuticos estudados o longo do curso efectuando un axeitado razoamento clínico. Para computar na media total, da evaluación da asignatura, e poder optar a superar a mesma deberá obter como mínimo un 4 neste apartado. A cualificación desta proba supón o 30% da nota media final da asignatura.
30
Sesión maxistral B2 B5 B6 B7 B9 B11 B19 C5 C6 C7 Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
A asistencia regular as clases asi como as actitudes e aptitudes amosadas nas mesmas serán evaluadas de xeito continuado, outorgándoselles un 5% da nota total da asignatura.
5
Prácticas de laboratorio B6 B7 B9 B16 B17 B19 C6 Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
A asistencia regular as prácticas de laboratorio asi como as actitudes e aptitudes amosadas nas mesmas serán evaluadas de xeito continuado, outorgándoselles un 5% da nota total da asignatura.
5
Aprendizaxe colaborativa B5 B6 B9 B11 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
A realización dos traballos propostos polo profesor a súa calidade e as actitudes e aptitudes amosadas polos alumnos nesta tarefa, serán avaliados nunha porcentaxe do 5% da nota final da asignatura.
5
Recensión bilbiográfica B5 B6 B9 B11 C6 A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.
A presentación en tempo e forma das recensions así como a súa calidade, serán avaliados nunha porcentaxe do 5% da nota final da asignatura.
5
Proba mixta B1 B2 B5 B6 B7 B9 B11 B16 B17 B19 C5 C6 C7 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Para computar na nota final da evaluación da asignatura, e poder optar a superar a mesma, deberá obter como mínimo un 4 neste apartado. A cualificación desta proba supón o 50% da nota media final da asignatura.
50
 
Observacións avaliación
A nota final establecese nun rango de "0" a "10". Esta nota estará formada pola suma das notas parciais, obtidas en cada un dos apartados da evaluación, na porcentaxe que lle corresponda, e que esta indicada no esquema exposto enriba. A cualificación de aprobado obterase cando a nota media final sexa de "5".
Os alumnos que teñan opción a Matrícula de Honra, para optar a ela deberán presentar os apuntes dos contidos teóricos e prácticos do curso, elaborados por eles mesmos, no plazo que se estableza. Si a avaliación dos mesmos resulta positiva acadarán a cualificación ante dita. En caso de que houberá mais candidatos que Matrículas de Honra se establecerá un orden de prelación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes