Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA NAS ALTERACIÓNS ESTÁTICAS E DINÁMICAS DO RAQUIS
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Esta metodoloxía permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, exploracións, realización de probas de valoración clínica. O laboratorio ofrece unha excelente oportunidade para aprender mentras se fai, e para adquirir competencias técnicas, metodolóxicas, sociais e participativas. As prácticas de laboratorio realizaranse no laboratorio de Fisioterapia Especial (2ª planta). O grupo de alumnos/as matriculados/as na asignatura distribúese a sua vez en 6 grupos, cada un dos cales recibirá 2 horas de prácticas de laboratorio semanalmente (ver calendario académico para a distribución dos grupos). O alumno/a debe asistir ás mesmas con pixama clínico e, bañador ou roupa deportiva similar. Estas prácticas correspóndense ós temas 1 e 2 do temario.
Sesión maxistral As clases teóricas (sesión maxistral) serán impartidas na aula nº 2 (planta sótano). Correspóndense ás clases programadas no calendario académico como docencia teórica. Manexaranse presentacións power-point, e diferente material clínico que se exporá na clase.
Estudo de casos O/A alumno/a deberá realizar un traballo correspondiente ó tema 1, sobre o protocolo de exploración da postura e o movemento. Búscase a través desta actividade promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes.
O/A alumno/a terá que realizar esta actividade en colaboración con outros 2 compañeiros (grupos de 3 alumnos/as) a partir da composición dos grupos das clases prácticas.

É obrigatorio a sua presentación para asistir ó exame.

Entregar en formato power-point, identificando o traballo co nome dos 3 alumnos/as: primeiro apelido e nome (de cada un dos compoñentes) nun pen-drive.

Débense recoller os resultados da exploración subxetiva, inspección, probas da plomada, medición das curvas fisiolóxicas, comprobación do efecto dun alza (si procede), así como da valoración dinámica dorsolumbar.

- Exploración subxetiva: incluirase unha descripción da anamnesis do alumno/a explorado/a según guion dado en clase.
- Un mapa corporal coa representación da línea da plomada, e símbolos das principais alteracións estáticas do plano frontal e saxital. Deben incluirse os resultados da prueba da plomada e da inspección en ambos planos. Adxuntarase descripción das alteracións mais relevantes observadas. Poderá utilizarse o apartado de notas do power-point para añadir información complementaria.
- Os resultados da valoración da amplitude das curvas do plano saxital.
- Os resultados da medición de xibas (si procede).
- Video das probas dinámicas da rexión dorsolumbar:
a) movilidade global a nivel dorsolumbar adxuntando lenda coa interpretación dos resultados de ditas probas
b) resultados dos test de control do movemento da rexión lumbar e dorsal
Integrarase en dito traballo os resultados obtidos sobre a valoración da composición corporal impartidos na asignatura de Cinesiterapia: bases do exercicio terapéutico.

Os/as alumnos/as exporán en clase práctica os seus traballos, a semana anterior a semana santa.


Análise de fontes documentais O/a alumno/a deberá utilizar unha relación de documentos (escritos e de tipo audiovisual) que contribuirán a identificar a práctica basada na evidencia e reforzarán a adquisición de habilidades a desarrollar durante o obradoiro.
Obradoiro Durante a realización do obradoiro o profesor estará presente na aula/laboratorio e guiará o/a alumno/a na adquisición de habilidades motoras. A ventaxa desta metodoloxía radica en que é o/a propio/a alumno/a o que vivencia a experiencia de ser guiado na execución dun programa de exercicio terapéutico o que facilita a identificación dos obxetivos e da metodoloxía de aplicación do exercicio terapéutico. Esta actividade práctica reforzarase a sua vez coa realización simultánea doutras actividades tales como o análise de fontes documentais. Llevarase a cabo durante o horario programado para a docencia interactiva. Os/as alumnos/as dividiranse en 3 grupos. A asistencia ó obradoiro é obrigatoria.


Proba práctica Véxase apartado de Avaliación
Proba mixta Véxase apartado de Avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes