Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA NAS ALTERACIÓNS ESTÁTICAS E DINÁMICAS DO RAQUIS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A3 A4 A5 A7 A12 A17 C1 C3 C6 C7 A asistencia a todas as prácticas de laboratorio, terá o valor correspondente ó 5% da nota, isto é 0,5 puntos sobre 10. Nesta puntuación inclúese ademais da asistencia, a actitude, a colaboración e a participación activa na clase. 5
Estudo de casos A3 A4 A5 A17 C1 C3 C7 O traballo práctico sobre valoración da postura, terá unha puntuación máxima do 10%.

Valorarase a veracidade dos datos, a calidade do material gráfico, a capacidade descriptiva da inspección, a presentación xeral do traballo, a capacidade de traballo en grupo e a defensa do mesmo.
10
Proba mixta A7 A3 C1 O exame constará de 2 partes: unha teórica e outra práctica. Será imprescindible presentarse a ambas partes do exame. De non cumplirse este requisito asignarase automáticamente unha nota igual a cero.

Considerarase liberada a materia, única e exclusivamente se se alcanza unha nota de 5/10 en cada parte (teórica e práctica).
O exame teórico constará de: preguntas tipo test (de resposta simple, onde cada 2 respostas mal restarase unha ben) e un caso clínico sobre o que se plantearán 10 preguntas cortas. Para evaluar o caso clínico será imprescindible ter alcanzado unha nota igual a 5 sobre 10 nas preguntas tipo test.

O exame (proba mixta+proba práctica) terá un valor do 75% da nota total da asignatura.
75
Obradoiro A3 A4 A7 A12 A17 C1 C7 Terase moi en conta a asistencia ó obradoiro, a actitude, a execución práctica das indicacións dadas pola profesora e/ou outros/as alumnos/as, a relación cos outros alumnos e a profesora, a responsabilidade e o interés na actividade.


10
Análise de fontes documentais A17 C1 C6 C7 Evalúase en conxunto co obradoiro. 0
Proba práctica A3 A4 A5 C1 O exame práctico constará de 3 preguntas sobre os contenidos vistos durante as clases prácticas de laboratorio e durante o obradoiro. Pediraselle o/a alumno/a que elixa ó azar 3 números que se corresponderán con números asignados a unha lista previa de preguntas prácticas. Puntuaranse os seguintes aspectos: a) integración de coñecementos teórico-prácticos, b) aprendizaxe psicomotor (destrezas e control da actividade), c) tempo de resposta.
Puntuación: véxase proba mixta
0
 
Observacións avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes