Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA RESPIRATORIA
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Prácticas de laboratorio Docencia práctica: Demostración práctica, por parte do profesor dunha actividade ou aspecto terapéutico concreto, mentres os alumnos observan, para a continuación reproducila entre eles ate acadar o seu dominio.
As prácticas a desenvolver na materia son as seguintes

- Práctica 1: Localización topográfica dos pulmóns: bordes, cisuras e segmentos.

- Práctica 2: Realización da auscultación.

- Práctica 3: Inspección do tórax, observando a súa morfoloxía e o patrón ventilatorio.

- Práctica 4: Medición da amplitude torácica, manual e instrumentalmente.

- Práctica 5: Valoración da musculatura respiratoria. Determinación de da presión inspiratoria máxima e da presión espiratoria máxima. Valoración da resistencia dos músculos respiratorios (máxima ventilación voluntaria).

- Práctica 6: Execución das maniobras de espirometría simple e forzada.

- Práctica 7: Aplicación das técnicas de eliminación de secrecións por ondas de choque e uso da presión espiratoria positiva na vía aérea.

- Práctica 8: Execución das técnicas de eliminación de secrecions por acción da gravidade.

- Práctica 9: Execución das técnicas de eliminación de secrecions por variación do fluxo aéreo.

- Práctica 10: Realización da reeducación diafragmática nos diferentes decúbitos, sedestación, bipedestación e cuadrupedia.

- Práctica 11: Realización das expansiones costáis secundada e contrariada por zonas topográficas y da flexibilización da caixa torácica.

- Práctica 12: Execución do protocolo de ventilación dirixida.

- Práctica 13: Deseño e execución dun protocolo de entrenamento específico da musculatura respiratoria. Uso de espirometría de incentivo

- Práctica 14: Manexo dos diferentes sistemas de aerosolterapia e execución da maniobra inhalatoria.
Traballos tutelados Elaboración dun traballo en grupo por parte do alumnado. Grupos de 5/6 persoas con trabajos diferenciais e exposición pública dos mesmos

Guión do traballo:

1.¿Qué se entende por........?
2. ¿Cales son os séus principáis factores etiolóxicos?
3. ¿Qué síntomas característicos refire o doente na anamnese?
4. ¿Cales son os principaiss hachaazgos clínicos á inspección, palpación, percusión e ascultación del paciente? (estudo semiolóxico)
5. ¿Cómo será a oxixenación e a ventilación do doente?
6. ¿Estarán alteradas as probas funcionáis de laboratorio (espirometría, presions musculares, máxima ventilación voluntaria)? ¿Qué tipo de síndrome ventilatorio presenta e por qué?
7. ¿Qué alteracions específicas da mecánica pulmonar podemos encontrar? (a nivel articular, muscular e biomecánico?.
8. ¿Cál é a resposta dos centros respiratorios antea situación clínica do enfermo?
9. ¿Cales crees que serían os obxetivos de fisioterapia respiratoria con ese paciente?


Extensión máxima: 8 folios
Tipografía: Times New Roman a 12, doble espacio.
Exposición final de los trabajos en el aula
Lecturas Durante o curso o alumno realizará a lectura de catro artigos seleccionados, complementarios aos contidos desenvolvidos no aula, e que reforzarán o traballo durante os seminarios.
O alumno deberá presentar o resume de cada texto a través da plataforma moodle, cos puntos máis salientables e unha breve valoración persoal sobre a relevancia e implicacións clínicas do artigo correspondente.
Proba práctica
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo probas de ensaio (dúas ou tres) e preguntas tipo de probas obxetivas tipo test de resposta múiltiple.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes