Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA NAS DISCAPACIDADES NEUROLÓXICAS E DA VEXEZ
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) FISIOTERAPIA NAS DISCAPACIDADES NEUROLÓXICAS E DA VEXEZ Código 651G01021
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Amado Vazquez, Maria Eugenia
Correo electrónico
maria.eugenia.amado@udc.es
Profesorado
Amado Vazquez, Maria Eugenia
Chouza insua, Marcelo
Ortigueira Garcia, Serafin
Vivas Costa, Jamile
Correo electrónico
maria.eugenia.amado@udc.es
marcelo.chouza@udc.es
serafin.ortigueira@udc.es
j.vivas@udc.es
Web
Descrición xeral Esta e unha materia que fundamenta a intervención clínica nas discapacidades neurolóxicas propias do neno, do aldulto e as presentes no envellecemento. Incidese na relación existente entre las patoloxías fundamentalmente de corte neurolóxico e o seu abordaxe fisioterapéutico.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se modifican 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas, no caso de que a docencia presencial sexa posible, agás as titorías (ver despois). - Prácticas de laboratorio: Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracions, exercicios, experimentos e investigacions. - Sesión maxistral: Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. - Estudo de casos: Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. - Proba práctica: Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente alguna practica que previamente tivese feito durante as clases prácticas. - Proba de resposta múltiple: Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida. As respostas erradas restarán puntuación das correctas. - As titorías se levarán a cabo exclusivamente por vía telemática (correo electrónico, Teams). Esta condición se manterá inda que sexa posible a docencia presencial. *Metodoloxías docentes que se modifican No caso de que a docencia presencial non sexa posible: - Prácticas de laboratorio: Realizaranse a través do estudo de casos y/o análises de videos, relacionados cos contenidos teóricos, e a través das plataformas oficiais das que dispón a UDC. - As clases maxistrales se divulgarán mediante presentacións comentadas a traverso da plataforma Moodle, e a través das plataformas oficiais das que dispón a UDC. - Proba de resposta múltiple: Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida. As respostas erradas restarán puntuación das correctas. Realizaríase por vía telemática a través das canles oficiais da UDC -Traballo grupal de revisión - As titorías se levarán a cabo exclusivamente por vía telemática (correo electrónico, Teams). Esta condición se manterá inda que sexa posible a docencia presencial 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Disponible diariamente, tanto para facer consultas como para programar reunións telemáticas por outras vías - Plataforma Moodle, tamén disponible de xeito continuado, a traverso do Foro de Novas e a asignación de tarefas - Teams: Vía principal para as titorías que vaian máis aló dunha simple consulta (ex. traballos tutelados), e tamén para titorías e tarefas de grupo. 4. Modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: Se non fora posible a docencia presencial, manténdose a avaliación, tendo en conta a participación por vía telemática a través das canles da UDC. A proba teorica representa o 45% da avaliación. A proba práctica o 35% (estudio de casos y/o análises de videos, relacionados cos contenidos teóricos) . Entre ambas probas suman un 80%. A avaliación continuada supón o 20%, inclúe traballo grupal de revisión. Para aprobar a materia teñen que superar cada unha das unidades temáticas cunha nota do 50% sobre o total de cada apartado, a nota final resultase da media das 3 unidades temáticas. O aprobado de cada unidade temática mantense ata a 2ª convocatoria do mesmo curso. Para guardar unha das partes da materia (teoria ou practica) hai que presentarse a ambalas duas. Si un alumno se presenta a unha das partes e non fai na outra, a sua nota final constara como suspenso. Nota: Farase un seguimento da asistencia por parte dos alumnos as sesións a través das vías telemáticas. As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacions dun curso a outro en funcion das necesidades da materia, non obstante o valor do exame (teorico e practico) non sera inferior ao 80% da nota final. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes