Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA NAS DISFUNCIÓNS DO APARELLO LOCOMOTOR
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 A7 A8 C1 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Asimismo, en esta prueba se valorará la parte correspondiente al estudio de casos
60
Sesión maxistral A6 A7 A8 C1 método expositivo ou lección maxistral. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Os contidos abordados nas sesións maxistrais serán obxecto de avaliación mediante probas de comprensión, e traballos tutelados
No entanto, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, e participación razoada.
10
Proba práctica A6 A7 Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente tivese feito durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a matería é imprescindible conseguir un 5 na proba obxectiva e outro 5 na proba práctica para proceder á suma das diferentes probas da materia.
A ponderación da nota será como segue: o 70% corresponde a parte de traumatoloxía e o 30% a parte de razoamento clínico aplicado a reumatoloxía e aos procesos crónicos, así como a vendaxe funcional.

Os contidos abordados tanto en lasprácticas como nas sesións maxistrais serán obxecto de avaliación mediante probas de comprensión, traballos tutelados e resolución de casos.
No entanto, dentro da avaliación continuada da materia, se valorarátambién a asistencia, puntualidade, actitude e participación razoada.

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun ano a outro. No entanto, o valor do exame (proba obxectiva e proba práctica) nunca será inferior ao 70% da nota final, e o valor da avaliación continuada (traballos tutelados e lecturas) nunca será superior ao 30%

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes