Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A6 A7 A8 C1 Exame práctico de todos os contidos da materia. Os alumnos terán dúas opcións realizar a proba práctica:

1. Ao longo do curso, xa que se realizará unha ou varias probas de avaliación durante as prácticas.

2. Nas oportunidades oficiais de xaneiro e xullo.

Os alumnos que superasen a opción 1 pero queiran subir a nota mediante a opción 2, poderán presentarse a este última pero non se lles manterá a nota anterior.
30
Aprendizaxe colaborativa A1 A3 A7 C1 Os contidos tratados nestas clases interactivas de aprendizaxe colaborativo serán obxecto de avaliación mediante a proba mixta.

Valorarase tamén a asistencia, puntualidade e a resolución de ejercicos propostos; de forma continuada durante todo o curso. Esta avaliación suporá un 5% da nota final
5
Sesión maxistral A1 A3 A7 C1 Os contidos tratados nestas clases serán obxecto de avaliación mediante a proba mixta. Valorarase tamén a asistencia e puntualidade de forma continuada durante todo o curso. Esta avaliación suporá un 5% da nota final. 5
Proba mixta A1 A3 A7 C1 Exame de todos os contidos da materia, que inclúe os tratados nas sesións maxistrais, prácticas e sesións de aprendizaxe colaborativo. O tipo de exame será de exposición escrita podendo incluír preguntas tipo test e/ou preguntas de resposta breve e/ou para desenvolver.

Superar esta proba será requisito indispensable para aprobar a materia. Os alumnos terán dúas opcións para superala:

1. Ao longo do curso, xa que se realizarán distintas probas de avaliación dos contidos. Para superar esta opción, os alumnos deberán sacar polo menos un 5 sobre 10 en cada unha das probas propostas polo profesorado.

2. Nas oportunidades oficiais de xaneiro e xullo.

Os alumnos que superasen a opción 1 pero queiran subir a nota mediante a opción 2, poderán presentarse a este última pero non se lles manterá a nota anterior
60
 
Observacións avaliación

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes