Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  NUTRICIÓN E FISIOTERAPIA
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) NUTRICIÓN E FISIOTERAPIA Código 651G01026
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Carballo Costa, Lidia
Correo electrónico
lidia.carballo@udc.es
Profesorado
Carballo Costa, Lidia
Correo electrónico
lidia.carballo@udc.es
Web
Descrición xeral Cursando esta materia, o alumnado adquirirá os coñecementos precisos sobre os nutrintes básicos e como inflúen, a través da alimentación, nos procesos de saúde e enfermidade.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se contemplan cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral: poderá realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia. Proba obxectiva: poderá realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia. Prácticas de laboratorio: poderán realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia. De ser preciso, serán substituídas por estudos de caso que se resolverán de maneira grupal a distancia coa fin de asegurar a adquisición dos coñecementos. *Metodoloxías docentes que se modifican As anteriores metodoloxías manteranse, pero de maneira non presencial. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A atención personalizada ao alumnado realizarase a través das seguintes ferramentas: Microsoft Teams: 1 sesión semanal para o avance nos contidos teóricos, e outra para o desenvolvemento dos contidos prácticos, dentro do horario establecido para a materia. As titorías realizaranse a demanda do estudantado, incluso fóra do horario predeterminado se así for preciso. Moodle: Semanalmente, inda que poderá aumentarse a frecuencia de velo preciso. Utilizarase para proporcionar todo o material necesario para o desenvolvemento da docencia. Poderán realizarse probas e resolveranse as dúbidas a través dos foros. Correo electrónico: Revisarase diariamente e utilizarase para envío de convocatorias, avisos ou resolución de dúbidas a demanda do estudantado. 4. Modificacións na avaliación Todo o alumnado será avaliado mediante a modalidade de avaliación contínua descrita na guía docente, sen ter que cumprir o requerimento mínimo de asistencia. Se os traballos non acadan unha avaliación mínima de 6,5 puntos (cada un deles), terá que realizarse unha proba de avaliación obxectiva que suporá o 40% da nota final. O outro 60% da nota estará composto polas entregas dos traballos establecidos na guía, na proporción determinada nela. Requerimentos para superar a materia: • A nota para superar a materia terá que ser de 5.0. • Deberase asistir e participar regularmente nas actividades das aulas. • Terá que aprobarse cada unha dos elementos que compoñen a avaliación. • Deberán entregarse e expoñerse as actividades de avaliación nas datas establecidas ao efecto. Se o/a estudante avaliado mediante proba obxectiva (por non superar a avaliación contínua) consegue superar unha das partes (proba escrita ou traballo tutelado) na 1ª oportunidade (xaneiro), gardarase a cualificación obtida na mesma así como a avaliación continuada só ata a convocatoria de 2ª oportunidade (xuño/xullo). Para a proba escrita farase a conexión vía Teams 10-15 minutos antes do comezo do exame. Comprobarase a asistencia do alumnado, a posibilidade de conexión, posibles incidencias e dúbidas. Garantizarase que todos e todas poidan realizar a proba. Se o/a estudante experimentase algunha dificultade técnica para conectarse ao inicio ou durante a proba, terá que comunicalo de forma inmediata ao profesor a través de chamada telefónica a unha extensión habilitada ao efecto. De non facelo a súa cualificación será de non presentado ou suspenso segundo o caso. A continuación activarase o exame en Moodle cun tempo programado no que o estudantado subirá as respostas. O alumnado de primeira matrícula que non tiveran asistido ás clases e/ou non realizaran ou completaran as actividades de formación continuada presencial ou non presencial esixidas na planificación, serán avaliados a través dunha única proba oral que inclúe contidos teóricos e prácticos (80% da cualificación). A proba oral realizarase a través da plataforma Microsoft Teams. O/A estudante que vaia a presentarse a dita proba deberá contactar co profesor a través do correo electrónico cun mínimo de 48 horas antes da data na que se programe, co obxectivo de planificar os horarios e facer as probas técnicas pertinentes de cara ao exame. A avaliación de segunda oportunidade realizarase seguindo os mesmos criterios. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizan modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes