Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  DOCUMENTACIÓN E ESTADÍSTICA SANITARIA
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías de información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e unha canle para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela da profesora e en escenarios variados (académicos e profesionais). Refírese prioritariamente á aprendizaxe de “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción por parte do estudantado da responsabilidade polo súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensinanza baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desta aprendizaxe pola profesora-titora.
O alumnado realizará un traballo de revisión bibliográfica, en principio individual, sobre un tema proposto en clase. O traballo contará coa titorización da profesora para a súa elaboración, destinando tempo presencial das horas de docencia interactiva para a adquisición das destrezas precisas para poder levalo a cabo. O traballo comporáse como mínimo dunha introducción, un apartado de material e métodos, resultados, discusión, conclusións e bibliografía.
Presentación oral O alumnado terá que realizar como mínimo (pero poderán ser máis en función dos traballos que se vaian propoñendo en clase) unha presentación oral en clase, para expoñer os resultados do traballo tutelado que realice durante o curso.
Proba práctica Faráse unha proba práctica durante o curso (poderá ser na data de avaliación oficial ou previamente, dependendo do discurrir da materia) para valorar o nivel de coñecementos adquiridos durante a sesión maxistral e as prácticas a través das TIC.
Solución de problemas Resolución de problemas sobre estadística descriptiva e inferencia estadística.
Proba de resposta múltiple Prueba de respuesta múltiple sobre los conceptos de la parte de estadística. Se realizará en la fecha fijada oficialmente para la realización del examen final.
Prácticas a través de TIC Prácticas (a realizar con un paquete estadístico) sobre la parte de estadística.
Proba obxectiva Prueba objetiva en la que se evaluará de forma práctica la realización de ejercicios de estadística, con ayuda de un paquete estadístico.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes