Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  LEXISLACIÓN E ADMINISTRACIÓN SANITARIA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A13 A19 A exposición en clase dos aspectos máis destacables do
traballo de análise de documento gráfico/visual (aprendizaxe colaborativa) computará un 10% da nota.
Avaliarase a claridade expositiva e a capacidade de integración e interrelación de coñecementos durante a mesma.
10
Aprendizaxe colaborativa A13 O traballo consistente na análise dun documento gráfico/visual seguindo o guión proporcionado. Este traballo deberá ser entregado ao profesor da materia dentro das datas fixadas o día da presentación.
15
Prácticas de laboratorio A10 A18 Valoraranse os contidos dos traballos realizados durante as prácticas de laboratorio e a participación activa e continuada do alumno nas mesmas 15
Proba mixta A10 A14 A18 C5 C8 Consistirá nun exame con dous partes:

- preguntas tipo test sobre os contidos teóricos e de prácticas de laboratorio da materia (50 % da cualificación final)
- pregunta aberta sobre problema/caso normativo ou administrativo. Esta parte do exame puntuará un 10 %
60
 
Observacións avaliación

Se por unha causa debidamente justficada (xustificante médico, laboral, etc),  o/a alumno/a non puidese asistir a un exame, quedaría a materia correspondente ao mesmo para o exame final. As datas dos mesmos proporcionaranse nos dous primeiros días de clase, pero tendo en conta que pode existir certa marxe de variabilidade segundo imprevistos (folgas, etc) e o propio desenvolvemento das clases, máis lento ou máis rápido, en función da participación do alumnado e coñecementos previos. Se o alumno non asiste asiduamente a clase (máis do 70% da presencialidad) terá que acudir ao exame final (preguntas tipo test-40% da nota e preguntas abertas-20%) e entregar o traballo na data de presentación ao exame (data límite)- 40% da nota final.Para aprobar a materia será requisito indispensable que a media ponderado resultado dos distintos elementos de avaliación sexa igual ou superior a 5.00; de non ser así o alumno haberá de repetir o exame

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes