Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA COMUNITARIA E SAÚDE PÚBLICA
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender os conceptos fundamentais da saúde e a epidemiología da saúde para poder trasladar ao campo de acción da fisioterapia a perspectiva da Saúde Comunitaria e a Medicina Preventiva e Saúde Pública. A12
A14
A18
C4
C6
Coñecer os distintos tipos de demografía, as súas fontes de información e as principais aplicacións da demografía á Saúde Pública. A12
A14
Coñecer a cadea epidemiolóxica e as medidas preventivas das principais enfermidades transmisibles. A12
A14
Coñecer a situación epidemiolóxica, factores de risco e medidas preventivas principais a adoptar fronte a diversas patoloxías crónicas. A12
A14
Coñecer os distintos conceptos de saúde, organización e administración sanitaria, así como os diversos organismos de saúde tanto de ámbito nacional como internacional, especialmente o Sistema Nacional de Saúde e asumir a función que realiza o fisioterapeuta nos ámbitos da Atención Primaria, Especializada e da Saúde Laboral. A18
Mellorar a capacidade de traballo en equipo e as habilidades comunicacionais. A13
A19
- Aplicar o coñecemento epidemiolóxico para abordar calquera problemática e elaborar un deseño ou estudo epidemiolóxico na súa práctica diaria. A12
A17
C1
C4
C6
C7
Desenvolver un programa de prevención ou de promoción da saúde, así como identificar os distintos campos de acción da educación para a saúde. A12
A18
C1
C4
C6
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes