Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  ECOGRAFÍA EN FISIOTERAPIA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A5 A9 A17 A19 C6 C7 Para a avaliación dos contidos prácticos, cada estudante deberá realizar un traballo en pequenos grupos ao longo do cuadrimestre, seguindo as pautas proporcionadas polo responsable da materia.

Ademais, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada, traballo en equipo, resolución de prácticas e axuda aos compañeiros durante as mesmas.


30
Proba obxectiva A1 A2 A5 A19 C6 C8 Exame final teórico de todos os contidos da materia, que inclúen os tratados nas sesións maxistrais e prácticas. O tipo de exame será de exposición escrita podendo incluír preguntas tipo test, preguntas de resposta breve e/ou de completar.


70
 
Observacións avaliación

CUALIFICACIÓN DA MATERIA:  

EXAME (70%) - Consistirá nunha PROBA OBXECTIVA proposta polo profesor. Cualificarase sobre un máximo de 7 puntos. Se no exame obtense unha cualificación inferior ao 50% da puntuación posible, non se engadirá a avaliación continuada, sendo a CUALIFICACIÓN FINAL, suspenso.

AVALIACIÓN CONTINUADA (30%) - a cualificación da avaliación continuada conservarase únicamente ata a convocatoria de xullo (2ª oportunidade). 

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; no entanto, o valor do exame nunca será inferior ao 70% da nota final e o valor da avaliación continuada nunca será superior ao 30%. 


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes