Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  TRABALLO FIN DE GRAO
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactuar dun modo ordenado, formulando cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.

O alumno realizará unha defensa do seu Traballo fin de grao ante un Tribunal composto por 3 membros: Presidente, Secretario e Vogal. A súa exposición terá unha duración máxima de 10 minutos transcorridos os cales quedará a disposición do Tribunal para aclarar, responder ou afondar en todas aquelas cuestións que se lle soliciten.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.

Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

A cada alumno asignaráselle un titor para a elaboración do seu Traballo fin de Grao (TFG). O devandito titor encargarase de asesorar o estudante así como de realizar un seguimento do seu traballo comprobando que adquire as competencias inherentes a este, e que cumpre cos requisitos especificados na normativa. Unha vez o alumno finaliza o seu TFG, o titor deberá emitir un informe favorable para que poida solicitar a súa defensa ante o Tribunal de avaliación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes