Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  ESTANCIAS CLÍNICAS I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) ESTANCIAS CLÍNICAS I Código 651G01035
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Terceiro Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Riveiro Temprano, Socorro
Correo electrónico
socorro.riveiro.temprano@udc.es
Profesorado
Amado Vazquez, Maria Eugenia
Arnaiz Rubio, Fernando
Cagide Quintas, Pablo Manuel
Chouza insua, Marcelo
Fernández Vago, Raquel
Pose Gontad, Alba
Raposo Vidal, Isabel
Riveiro Temprano, Socorro
Rodríguez Manso, María
Salanguera Busto, Eva
Sanesteban Hermida, Yolanda
Seijo Ares, Andrea
Vivas Costa, Jamile
Correo electrónico
maria.eugenia.amado@udc.es
fernando.arnaiz@udc.es
p.cagide@udc.es
marcelo.chouza@udc.es
r.fvago@udc.es
alba.poseg@udc.es
isabel.raposo.vidal@udc.es
socorro.riveiro.temprano@udc.es
maria.rodriguez.manso@udc.es
eva.salanguera@udc.es
y.sanesteban@udc.es
a.sares@udc.es
j.vivas@udc.es
Web http://www.ffisacademica.udc.gal
Descrición xeral Coñecemento da función extra e intra hospitalaria e na atención primaria, realizando a integración do resto do currículo a casos clínicos con aplicación das actuacions e tratamentos fisioterápicos dentro do tratamento xeneral de cada doente. Actuaciones dentro da conservación da saude.
Plan de continxencia Este plan de continxencia entrará en vigor cando por motivos de alerta sanitaria non sexa posible a realización das prácticas clínicas por parte dos/das estudantes, a condición de que se poida asegurar o cumprimento do mínimo presencial establecido polas autoridades académicas. En caso contrario, o calendario académico poderá ser modificado ao obxecto de que as prácticas clínicas poidan ser recuperadas cando a situación sanitaria o permita. 1. Modificacións nos contidos Non se contemplan cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Seminario: poderá realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia. Prácticas clínicas: haberá que cursar un mínimo de forma presencial. Proba clínica: poderá adaptarse a non presencialidade dependendo da evolución da pandemia. *Metodoloxías docentes que se modifican Estudo de casos (resolución de casos clínicos): substitúe a metodoloxía de prácticas clínicas na modalidade non presencial. Proporcionarase un caso clínico en cada unha das unidades docente-asistenciais que o/a estudante non puidese cursar de forma presencial, a través da plataforma Moodle ou por correo electrónico. Cada estudante deberá desenvolvelos de forma individual, podendo solicitar o/a docente a resolución dalgunha parte do mesmo en lugar do seu desenvolvemento integral. Con todo, débese salientar a necesidade de ordenar e sistematizar o proceso de intervención en fisioterapia, que nesta fase da formación debe orientarse para maximizar a capacidade de emitir un diagnóstico funcional coherente, de modo que unha exploración ordenada posibilite a realización dun razoamento clínico básico. Proba clínica: poderá adaptarse a non presencialidade dependendo da evolución da pandemia. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A atención personalizada ao alumnado realizarase a través das seguintes ferramentas: Microsoft Teams: Mínimo de 2 reunións virtuais obrigatorias. Moodle: Se proporciona todo o material necesario para o desenrolo da docencia nos prazos preestablecidos. Correo electrónico: Para envío de convocatorias, avisos ou resolución de dúbidas a demanda do/da estudante. 4. Modificacións na avaliación Avaliación continua 60% • Prácticas clínicas • Estudo de casos Valorarase o coñecemento dos métodos, procedementos e actuacións fisioterápicas, así mesmo os coñecementos aplicados á práctica clínica: habilidades intelectuais, aptitudes, destrezas e habilidades técnicas e manuais. Portafolio/Caderno de prácticas clínicas: engloba o diverso material que o alumno elabora froito das tutorías, sesións clínicas, seminarios formativos, lecturas, procuras bibliográficas e historias clínicas dos pacientes. Valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada, traballo en equipo, resolución de casos e axuda aos compañeiros durante as prácticas. A resolución dos casos clínicos traballados na modalidade non presencial, así como a asistencia, actitude e participación nos seminarios virtuais programados serán obxecto de avaliación. Proba clínica obxectiva 40% Deséñase unha proba obxectiva para cada estudante formada por 5 preguntas clínicas cada unha das cales se corresponde con unidades docente-asistenciais diferentes. A partir dunha situación clínica concreta, deberá resolver a pregunta exposta en cada unha das 5 unidades que aleatoriamente lle correspondan. Para iso disporá de 10 minutos para a resolución de cada pregunta e 10 minutos adicionais para realizar a entrega a través de Moodle. Valorarase a integración dos coñecementos e o proceso de organización dos mesmos, a relación teoría-práctica, o razoamento clínico e a resolución de novos problemas. *Observacións de avaliación: A asistencia ás prácticas clínicas presenciais así como o desenvolvemento de titorías virtuais e casos clínicos de forma non presencial é de obrigado cumprimento para asegurar a completa adquisición das competencias da materia. As ausencias puntuais e xustificadas terán que recuperarse nos termos indicados polo responsable da unidade e/ou coordinación da materia. As ausencias non xustificadas non son recuperables. AVALIACIÓN CONTINUADA (60%): A cualificación da avaliación continuada será a media obtida da suma das cualificacións de avaliación continuada de cada unha das unidades docente-asistenciais. A cualificación da avaliación continuada gardarase exclusivamente ata a convocatoria de 2ª oportunidade (xullo). Para superar a parte de avaliación continuada cada estudante non poderá presentar máis de 2 unidades docente-asistenciais con cualificacións inferiores ao 50% da puntuación posible. PROBA OBXECTIVA/CLÍNICA (40%): Cualificación obtida nunha proba escrita deseñada para a avaliación da aprendizaxe clínica. A CUALIFICACIÓN FINAL será a media ponderada obtida da cualificación da avaliación continuada e a proba clínica, sendo obrigatoria a realización da "proba clínica", pois a non realización da mesma suporá unha cualificación final na materia de NON PRESENTADO (NP). Para optar a esta media ponderada e poder superar a materia, é imprescindible obter unha nota superior ao 50% da puntuación posible tanto na avaliación continuada coma na proba obxectiva. Excepcionalmente, se un/unha estudante non superase a materia por non cumprir os requisitos preestablecidos no referente á avaliación continuada, poderá optar a superala en convocatoria de 2ª oportunidade realizando as tarefas de reforzo que se lle pauten desde a coordinación, relacionadas coas unidades docente-asistenciais cursadas en modalidade non presencial que suspendese. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizan modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes