Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  ESTANCIAS CLÍNICAS I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba clínica A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A11 A12 A13 A14 A16 A19 C1 Proba que se realiza á cabeceira do doente, na que o alumno reproduce de forma práctica a actuación clínica necesaria para realizar un diagnóstico ou tratamento específico en relación ao proceso funcional que presente o doente.

Valorarase a integración dos coñecementos e o proceso de organización dos mesmos, a relación teoría-práctica, a resolución de novos problemas, as destrezas e actitudes.
50
Prácticas clínicas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A19 C1 C3 C6 C7 C8 Valorarase o coñecemento dos métodos, procedementos e actuacións fisioterápicas, así mesmo os coñecementos aplicados á práctica clínica: habilidades intelectuais, aptitudes, destrezas e habilidades técnicas e manuais.

Portafolio/Caderno de prácticas clínicas: engloba o diverso material que o alumno elabora froito das tutorías, sesións clínicas, seminarios formativos, lecturas, procuras bibliográficas e historias clínicas dos pacientes.

No entanto, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada, traballo en equipo, resolución de casos e axuda aos compañeiros durante as prácticas.
50
 
Observacións avaliación

A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria para segurar a completa adquisición das competencias da materia. As ausencias puntuais e xustificadas terán que recuperarse nos termos indicados polo responsable da unidade e/ou coordinación da materia. As ausencias non xustificadas non son recuperables.

CUALIFICACIÓN DÁ MATERIA:

A cualificación da materia será a media obtida da suma das cualificacións de cada unha das unidades docente-asistenciais. Para superar a materia, a NOTA obtida deberá ser igual ou superior ao 50% da puntuación posible.

Se presenta máis de 2 unidades docente-asistenciais con cualificacións inferiores ao 50% da puntuación posible, non se calculará a media, e a cualificación final será de suspenso.

A cualificación de cada unidade docente-asistencial virá determinada da seguinte maneira:

- 50% Avaliación continuada: a cualificación da avaliación continuada gardarase exclusivamente ata a convocatoria de 2ª oportunidade (xullo).

- 50% Proba clínica. Se a cualificación obtida na proba clínica é inferior o 50% da puntuación posible, non se calculará a media coa avaliación continuada e a cualificación final da unidade docente-asistencial será de suspenso.

As porcentaxes asignadas a cada metodoloxía poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; non obstante, o valor da proba clínica nunca será inferior ao 50% da nota final e o valor da avaliación continuada nunca será superior ao 50%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes