Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  ESTANCIAS CLÍNICAS II
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) ESTANCIAS CLÍNICAS II Código 651G01036
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Cuarto Obrigatoria 30
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
López García, Asenet
Correo electrónico
asenet.lopezg@udc.es
Profesorado
Balsa Canto, Montserrat
Carballo Costa, Lidia
Crespo Gil, Paula
Fernández Pereira, María Montserrat
Giménez Moolhuyzen, Esther
González Olmedo, Patricia
López Gabin, María Beatriz
López García, Asenet
Malvárez Cobas, María Verónica
Martínez Toledo, Beatriz
Menéndez Pardiñas, Mónica
Naia Entonado, Zeltia
Ortigueira Garcia, Serafin
Patiño Nuñez, Sergio
Pérez Mantiñán, Natalia
Ramos Gómez, Fernando
Rey Silva, Cristina
Rivas Neira, Sabela
Robles García, Verónica
Rodríguez García, Elena
Viñas Diz, Susana
Correo electrónico
montserrat.balsa.canto@udc.es
lidia.carballo@udc.es
paula.crespo@udc.es
montserrat.fernandez.pereira@udc.es
e.moolhuyzen@udc.es
p.olmedo@udc.es
beatriz.gabin@udc.es
asenet.lopezg@udc.es
veronica.malvarez@udc.es
b.mtoledo@udc.es
monica.menendezp@udc.es
zeltia.naia@udc.es
serafin.ortigueira@udc.es
sergio.patino@udc.es
natalia.mantinan@udc.es
fernando.ramos@udc.es
c.rey.silva@udc.es
sabela.rivas@udc.es
veronica.robles@udc.es
elena.rodriguez.garcia@udc.es
susana.vinas.diz@udc.es
Web
Descrición xeral La estancia clínica en la Facultad de Fisioterapia de A Coruña debe estar estructurada en una doble vertiente: - La conceptualización de la asignatura como una materia global, conservando un proceso de fisioterapia común y estructurado - La adecuación de la programación a los distintos campos de actuación en Fisioterapia.
Plan de continxencia Este plan de continxencia entrará en vigor cando por motivos de alerta sanitaria non sexa posible a realización das prácticas clínicas por parte dos/das estudantes, a condición de que se poida asegurar o cumprimento do mínimo presencial establecido polas autoridades académicas. En caso contrario, o calendario académico poderá ser modificado ao obxecto de que as prácticas clínicas poidan ser recuperadas cando a situación sanitaria o permita. 1. Modificacións nos contidos Non se contemplan cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Seminario: poderá realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia. Prácticas clínicas: haberá que cursar un mínimo (establecido polas autoridades académicas) de forma presencial. Proba clínica: poderá adaptarse a non presencialidade dependendo da evolución da pandemia. *Metodoloxías docentes que se modifican Estudo de casos (resolución de casos clínicos): substitúe a metodoloxía de prácticas clínicas na modalidade non presencial. Proporcionarase un caso clínico en cada unha das unidades docente-asistenciais que o/a estudante non puidese cursar de forma presencial, a través da plataforma Moodle ou por correo electrónico. Cada estudante deberá desenvolvelos de forma individual, podendo solicitar ao mesmo a resolución xeral do caso partindo de datos preliminares, ou ben seu desenvolvemento dende o momento actual a partir dos datos da avaliación máis recente. Con todo, débese salientar a necesidade de ordenar e sistematizar o proceso de intervención en fisioterapia, que nesta fase da formación debe orientarse para maximizar a capacidade de emitir un diagnóstico funcional coherente, de modo que unha exploración ordenada posibilite a realización dun razoamento clínico básico. Proba clínica: poderá adaptarse a non presencialidade dependendo da evolución da pandemia. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A atención personalizada ao alumnado realizarase a través das seguintes ferramentas: Microsoft Teams: Mínimo de 2 reunións virtuais obrigatorias. Moodle: Se proporciona todo o material necesario para o desenrolo da docencia nos prazos preestablecidos. Correo electrónico: Para envío de convocatorias, avisos ou resolución de dúbidas a demanda do/da estudante. 4. Modificacións na avaliación Avaliación continua 60% • Prácticas clínicas • Estudo de casos Valorarase o coñecemento dos métodos, procedementos e actuacións fisioterápicas, así mesmo os coñecementos aplicados á práctica clínica: habilidades intelectuais, aptitudes, destrezas e habilidades técnicas e manuais. Portafolio/Caderno de prácticas clínicas: engloba o diverso material que o alumno elabora froito das tutorías, sesións clínicas, seminarios formativos, lecturas, procuras bibliográficas e historias clínicas dos pacientes. Valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada, traballo en equipo, resolución de casos e axuda aos compañeiros durante as prácticas. A resolución dos casos clínicos traballados na modalidade non presencial, así como a asistencia, actitude e participación nos seminarios virtuais programados serán obxecto de avaliación. Proba clínica obxectiva 40% Constitúense 10 tribunais de mínimo 2 e máximo 3 profesores clínicos, avaliando cada tribunal a un número equitativo de estudantes. Deséñase unha proba clínica obxectiva na que cada estudante deberá resolver un caso clínico a partir dunha situación clínica concreta durante 90 minutos. Valorarase a integración dos coñecementos e o proceso de organización dos mesmos, a relación teoría-práctica, o razoamento clínico e a resolución de novos problemas. *Observacións de avaliación: A asistencia ás prácticas clínicas presenciais así como o desenvolvemento de titorías virtuais e casos clínicos de forma non presencial é de obrigado cumprimento para asegurar a completa adquisición das competencias da materia. As ausencias puntuais e xustificadas terán que recuperarse nos termos indicados polo responsable da unidade e/ou coordinación da materia. As ausencias non xustificadas non son recuperables. AVALIACIÓN CONTINUADA (60%): A cualificación da avaliación continuada será a media obtida da suma das cualificacións de avaliación continuada de cada unha das unidades docente-asistenciais. A cualificación da avaliación continuada gardarase exclusivamente ata a convocatoria de 2ª oportunidade (xullo). Para superar a parte de avaliación continuada cada estudante non poderá presentar máis de 2 unidades docente-asistenciais con cualificacións inferiores ao 50% da puntuación posible. PROBA OBXECTIVA/CLÍNICA (40%): Cualificación establecida polo tribunal de avaliación, obtida da resolución dun caso clínico por parte do estudante. A CUALIFICACIÓN FINAL será a media ponderada obtida da cualificación da avaliación continuada e a proba clínica, sendo obrigatoria a realización da "proba clínica", pois a non realización da mesma suporá unha cualificación final na materia de NON PRESENTADO (NP). Para optar a esta media ponderada e poder superar a materia, é imprescindible obter unha nota superior ao 50% da puntuación posible tanto na avaliación continuada coma na proba obxectiva. Excepcionalmente, se un/unha estudante non superase a materia por non cumprir os requisitos preestablecidos no referente á avaliación continuada, poderá optar a superala en convocatoria de 2ª oportunidade realizando as tarefas de reforzo que se lle pauten desde a coordinación, relacionadas coas unidades docente-asistenciais cursadas en modalidade non presencial que suspendese. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizan modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes