Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  ESTANCIAS CLÍNICAS II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A19 A18 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 Valorarase o coñecemento dos métodos, procedementos e actuacións fisioterápicas, así mesmo os coñecementos aplicados á práctica clínica: habilidades intelectuais, aptitudes, destrezas e habilidades técnicas e manuais.

Portafolio/Caderno de prácticas clínicas: engloba o diverso material que o alumno elabora froito das tutorías, sesións clínicas, seminarios formativos, lecturas, procuras bibliográficas e historias clínicas dos pacientes.

No entanto, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada, traballo en equipo, resolución de casos e axuda aos compañeiros durante as prácticas.
50
Proba clínica A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A11 A12 A13 A14 A16 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C9 Proba que se realiza á cabeceira do enfermo, na que o alumno reproduce de forma práctica a actuación clínica necesaria para realizar un diagnóstico ou tratamento específico en relación ao proceso funcional que presente o enfermo.

A avaliación clínica realizarase ante un tribunal constituído por profesorado do ámbito clínico da Facultade de Fisioterapia. Formaranse diversos tribunais en cada un dos módulos formativos, sendo a asignación do alumno a un ou outro tribunal de maneira aleatoria.

Valorarase a integración dos coñecementos e o proceso de organización dos mesmos, a relación teoría-práctica, a resolución de novos problemas, as destrezas e actitudes.
50
 
Observacións avaliación
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria para asegurar a completa adquisición das competencias da materia. As ausencias puntuais e xustificadas terán que recuperarse nos termos indicados polo responsable da unidade e/ou coordinación da materia. As ausencias non xustificadas non son recuperables.

CUALIFICACIÓN DA MATERIA:

AVALIACIÓN CONTINUADA (50%): A cualificación da avaliación continuada será a media obtida da suma das cualificacións de avaliación continuada de cada unha das unidades docente-asistenciais. A cualificación da avaliación continuada gardarase exclusivamente ata a convocatoria de 2ª oportunidade (xullo).

Para superar a parte de avaliación continuada cada estudante non poderá presentar máis de 2 unidades docente-asistenciais con cualificacións inferiores ao 50% da puntuación posible. 

PROBA CLÍNICA (50%): Cualificación establecida polo tribunal de avaliación, obtida da actuación do estudante ao enfrontarse a un caso clínico real. 

A CUALIFICACIÓN FINAL será a media obtida da cualificación da avaliación continuada e a proba clínica. Para superar a materia é necesario obter unha nota superior ao 50% da puntuación posible en cada unha das partes.

As porcentaxes asignadas a cada metodoloxía poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; no entanto, o valor da proba clínica nunca será inferior ao 50% da nota final e o valor da avaliación continuada nunca será superior ao 50%.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes