Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestre: Especialidade en Educación Infantil
 Competencias do título


Tipo A Código Competencias do título Específicas
  A1 Capacidade para comprender a complexidade dos procesos educativos en xeral e dos procesos de ensino-aprendizaxe en particular (fins e funcións da educación e do sistema educativo, teorías do desenvolvemento e da aprendizaxe, o contorno cultural e social e o ámbito institucional e organizativo da escola, o deseño e desenvolvemento do currículo, o rol docente...).
  A2 Coñecemento dos contidos para ensinar, comprendendo a súa singularidade epistemolóxica e a especificidade da súa didáctica.
  A3 Analizar criticamente as concepcións da educación emanadas da investigación, así como as propostas curriculares da Administración educativa.
  A4 Deseñar e desenvolver proxectos educativos e unidades de programación que permitan adaptar o currículo ao contexto sociocultural.
  A5 Desenvolver estratexias que promovan a aprendizaxe autónoma e cooperativa do alumnado.
  A6 Organizar o ensino no marco dos paradigmas epistemolóxicos das áreas, empregando de forma integrada os saberes disciplinares, transversais e multidisciplinares, axeitados ao respectivo nivel educativo.
  A7 Preparar, seleccionar, construír e empregar materiais didácticos, incorporando axeitadamente as TIC.
  A8 Empregar a avaliación como elemento regulador e promotor da mellora dos procesos de ensino aprendizaxe e da súa propia formación.
  A9 Realizar actividades educativas de apoio no marco dunha educación inclusiva.
  A10 Desenvolver a función titorial orientando ao alumnado e as familias e coordinar a acción educativa relativa o grupo-clase.
  A11 Participar en proxectos de innovación relacionados co ensino e aprendizaxe que permitan introducir propostas encamiñadas á mellora da calidade educativa.
  A12 Ser quen de relacionarse, comunicarse e colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno.
  A13 Ser quen de dinamizar co alumnado a construcción participada de regras de convivencia democrática, enfrontar e resolver de forma colaborativa situacións problemáticas e conflitos interpersoais de natureza diversa.
  A14 Ter unha imaxe realista propia, asumir responsabilidades e tomar decisións fundamentadas.
  A15 Asumir a dimensión ética da profesión, potenciando no alumnado unha actitude de cidadanía crítica e responsable.
  A16 Ser capaz de potenciar o rendemento académico do alumnado e o seu progreso escolar no marco dunha educación integral.
  A17 Coñecer os fundamentos científicos das áreas que conforman o currículo da educación infantil, así como as teorías sobre a adquisición e o desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
  A18 Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
  A19 Adquirir coñecementos didácticos relacionados coas distintas áreas co fin de crear un marco teórico que permita reflexionar sobre a práctica docente para mellorala.
  A20 Coñecer e promover o desenvolvemento cognitivo, social e da personalidade desde o nacemento ata os primeiros anos da escolaridade obrigatoria.
  A21 Coñecer o desenvolvemento da linguaxe na etapa da educación infantil e deseñar estratexias didácticas orientadas ao enriquecemento das competencias comunicativas no marco dun desenvolvemento integral.
  A22 Coñecer o desenvolvemento psicomotor e deseñar intervencións didácticas destinadas a súa promoción.
  A23 Coñecer a literatura infantil e desenvolver estratexias que permitan o achegamento do alumnado ao texto literario tanto oral como escrito.
  A24 Coñecer os fundamentos lingüísticos, psicolingüísticos, sociolingüísticos e didácticos da aprendizaxe das linguas e ser capaz de avaliar o seu desenvolvemento e a súa competencia comunicativa.
  A25 Dominar as linguas oficiais da comunidade e mostrar unha correcta produción e comprensión lingüística.
  A26 Promover a incorporación do alumnado á aprendizaxe dunha lingua estranxeira.
  A27 Ser capaz de utilizar o principio de "globalización" para programar actividades e tarefas educativas no ámbito da educación infantil.
  A28 Planificar as actividades educativas en función da progresiva cohesión-integración do grupo, clase, contorno (adaptación, consolidación, cohesión...).
  A29 Ser capaz de planificar conxuntamente actividades con todos os docentes deste nivel, de maneira que se utilicen agrupamentos flexibles ao tempo que se promoven actividades de coordinación cos docentes do primeiro ciclo de educación primaria no marco do PEC.
  A30 Promover estratexias metodolóxicas para desenvolver as nocións numéricas, espaciais, xeométricas e de desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático.
  A31 Favorecer hábitos de achegamento do alumnado á iniciación da lectura e a escritura.
  A32 Promover o xogo simbólico como medio de coñecemento da realidade social.
  A33 Empregar o xogo como un recurso didáctico, e mesmo deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
  A34 Ser quen de crear, seleccionar e avaliar materiais curriculares destinados á promoción da aprendizaxe a través de actividades adaptadas ao alumnado destas idades.
  A35 Ser quen de desenvolver hábitos de autonomía e habilidades sociais, así como o respecto ás normas de convivencia e ó traballo persoal.
  A36 Potenciar o coñecemento e control do seu corpo desenvolvendo as posibilidades e as habilidades motrices e a expresión corporal.
  A37 Utilizar cancións e xogos musicais como medio para facilitar a comprensión da realidade.
  A38 Deseñar, aplicar e avaliar actividades, materiais e outros recursos que fomenten a creatividade infantil.
  A39 Promover o uso do debuxo e doutras formas de expresión plástica a partir de materiais diversos como instrumentos de aprendizaxe e de fomento da creatividade.
  A40 Ser quen de fomentar o interese polo medio natural, social e cultural e promover comportamentos respectuosos.
  A41 Ser quen de promover a autoestima e valorar positivamente o esforzo persoal.
  A42 Promover condutas saudables a través de actividades axeitadas.
  A43 Utilizar a observación sistemática como principal instrumento de avaliación global, formativa e continua das capacidades do alumnado.
  A44 Recoñecer situacións de malestar no alumnado e promover a súa mellora.
  A45 Crear e manter liñas de comunicación e coordinación coas familias para incidir máis eficazmente no proceso educativo.
  A46 Fomentar á iniciación no emprego das TIC.
Tipo B Código Competencias do título Básicas / Xerais
  B1 Aprender a aprender.
  B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
  B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
  B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
  B5 Traballar de forma colaborativa.
  B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
  B8 Adaptación ás novas situacións.
  B9 Autonomía na aprendizaxe.
  B10 Capacidade de análise e síntese.
  B11 Capacidade de búsqueda e manexo de información.
  B12 Capacidade de organización e planificación.
  B13 Capacidade para actuar de xeito sostible na defensa do medio ambiente.
  B14 Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida.
  B15 Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
  B16 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
  B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
  B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
  B19 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
  B20 Coñecemento doutras culturas e doutros costumes.
  B21 Coñecemento e comunicación en linguas estranxeiras.
  B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
  B23 Habilidades sociais para exercer o liderado na aula.
  B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
  B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
Tipo C Código Competencias do título Transversais / Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes