Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Máster en Intervención Logopédica na Infancia e na Adolescencia
 Study programme competences


TypeA Code  
  Job guided
  AJ1 Posuír e comprender coñecementos avanzados de acústica aplicados ao estudo da función auditiva.
  AJ2 Coñecer os problemas que se presentan no ámbito da intervención logopédica na atención temperá desde un punto de vista educativo.
  AJ3 Coñecer os principais trastornos psicopatolóxicos que teñen a súa orixe na infancia e na adolescencia.
  AJ4 Coñecer os principais procesos implicados no desenvolvemento da lectura e da escritura.
  AJ5 Coñecer a utilidade das TICS na valoración da lectura e a conciencia fonolóxica.
  AJ6 Coñecer o significado e proxección científica e disciplinar da intervención temperá no contexto curricular da logopedia.
  AJ7 Coñecer as peculiaridades da adquisición e desenvolvemento da linguaxe dos nenos cegos.
  AJ8 Coñecer as liñas fundamentais da intervención logopédica nos nenos e nenas con discapacidade auditiva na idade escolar.
  AJ9 Coñecer estratexias de reeducación de nenos e nenas con implante coclear.
  AJ10 Coñecementos básicos de comprensión e expresión en lingua de signos española.
  AJ11 Coñecer, analizar e explorar novas formas de comunicación e expresión que favorecen as novas tecnoloxías da información e comunicación.
  AJ12 Identificar signos relativos aos procesos lectores retrasados ou diverxentes.
  AJ13 Coñecer e seleccionar programas, ferramentas e software de intervención logopédica para o traballo reeducativo coas novas tecnoloxías da información e comunicación.
  AJ14 Deseñar e planificar sesións de intervención e apoio logopédico con ferramentas da rede.
  AJ15 Reflexionar sobre procedementos que permiten xestionar a aprendizaxe do alumno.
  AJ16 Dominar os aspectos conceptuais e os recursos instrumentais para o recoñecemento, descrición, explicación e intervención sobre os trastornos do desenvolvemento.
  AJ17 Coñecer e dominar as estratexias de avaliación e intervención temperá.
  AJ18 Deseñar procedementos de intervención en comunicación aumentativa para as persoas con retraso no desenvolvemento por discapacidade intelectual.
  AJ19 Dominar a aplicación das técnicas de intervención de comunicación aumentativa para as persoas con discapacidade intelectual.
  AJ20 Saber identificar as dificultades que presenten na linguaxe os nenos cegos así como técnicas de intervención axeitadas.
  AJ21 Coñecer as principias alteracións da voz, así como as técnicas de avaliación e tratamento.
  AJ22 Deseñar e manexar material específico para a intervención logopédica no lesionado cerebral.
  AJ23 Coñecer e aplicar técnicas, procedementos e estratexias de intervención logopédica nos lesionados cerebrais.
  AJ24 Deseñar programas reeducativos para alumnado con discapacidade auditiva.
  AJ25 Aplicar estratexias de estimulación dos bebés con deficiencia auditiva.
  AJ26 Deseño de Adaptacións Curriculares nos nenos e nenas con discapacidade auditiva.
  AJ27 Capacidade para estruturar o entorno físico e social para o desenvolvemento de oportunidades para a comunicación.
  AJ28 Coñecer e aplicar técnicas de análise de datos na investigación logopédica.
  AJ29 Utilizar os recursos informáticos como ferramenta para a análise de datos.
  AJ30 Promover actitudes de solidariedade, respecto e apoio para coas persoas con trastornos psicolóxicos.
  AJ31 Saber establecer criterios de promoción lectora para o alumno/a e/ou a aula.
  AJ32 Deseñar técnicas de intervención para as principais dificultades na adquisición do proceso lecto-escritor.
  AJ33 Capacidade de análise e discusión en grupo de contidos teóricos e procedimentais.
  AJ34 Ser capaz de comunicar os resultados dunha investigación.
  AJ35 Elaborar informes de exploración e de diagnóstico, de seguimento, de finalización e de derivación.
  AJ36 Asesorar as familias e o contorno social das persoas usuarias, favorecendo a súa participación e colaboración no tratamento logopédico.
  AJ37 Comunicar de xeito oral e escrito as súas observacións e conclusións ao suxeito , aos familiares e ao resto dos profesionais que interveñen na súa atención, adaptándose as características do contorno profesional (educativo, sanitario ou asistencial).
  AJ38 Coñecer as estratexias básicas de investigación en Logopedia.
  AJ39 Ser capaz de planificar e desenvolver os aspectos metodolóxicos dunha investigación.
  AJ40 Comprender, valorar e incorporar á praxe profesional as producións científicas que sustentan o desenvolvemento profesional do/a logopeda.
  AJ41 Coñecer e dominar o acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
  AJ42 Avaliar a propia intervención profesional para optimizala.
  AJ43 Aprender autonomamente, e acadar un grao de motivación que lle permita facelo de maneira continuada.
TypeB Code  
  Job guided
  BJ1 Aprender a aprender.
  BJ2 Resolver problemas de forma efectiva.
  BJ3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  BJ4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  BJ5 Traballar de forma colaborativa.
  BJ6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  BJ7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
  BJ8 Capacidade de observar e de escoitar de forma activa.
  BJ9 Capacidade para motivarse e procurar a calidade na actuación profesional.
  BJ10 Capacidade de tomar decisións, asumindo a responsabilidade.
  BJ11 Traballar en equipo e, no seu caso, de forma interdisciplinaria.
  BJ12 Ter compromiso ético.
  BJ13 Ser creativo no exercicio da profesión.
  BJ14 Tomar decisións con autonomía e responsabilidade.
  BJ15 Destreza e empatía nas relacións interpersoais.
  BJ16 Capacidade de organizar e planificar.
  BJ17 Capacidade de se adaptar aos cambios.
  BJ18 Resolver problemas.
  BJ19 Razoar de forma crítica.
  BJ20 Capacidade de análise e síntese.
  BJ21 Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada.
  BJ22 Coñecer e manexar as novas tecnoloxías da comunicación e da información.
  BJ23 Ter iniciativa e espírito emprendedor.
  BJ24 Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
  BJ25 Apreciar as distintas manifestacións da diversidade.
  BJ26 Saber expresarse en público.
  BJ27 Pór en valor a súa profesión no contorno en que desenvolve o seu traballo.
  BJ28 Adoptar unha actitude positiva e paciente.
TypeC Code  
  Compound
  CC1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CC2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CC3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CC4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CC5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CC6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CC7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CC8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes