Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Asignaturas
  Documentación, organización e presentación dun traballo de investigación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Documentación, organización e presentación dun traballo de investigación Código 652438001
Titulación
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Valle Arias, Antonio
Correo electrónico
antonio.valle@udc.es
Profesorado
Rodriguez Martinez, Susana
Valle Arias, Antonio
Correo electrónico
susana.rodriguez1@udc.es
antonio.valle@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta asignatura abórdanse diferentes aspectos vinculados á documentación científica coa finalidade de que os alumnos/as coñezan as diferentes fontes documentais, analicen diversas publicacións científicas e aprendan a organizar e presentar un traballo de investigación.
Plan de continxencia 1.Modificacións nos contidos Os contidos non sufren ningunha modificación sustancial. De todos modos, incidirase en todo momento na comprensión por parte do alumnado daqueles contidos máis centrais e importantes da asignatura, o cal será unha prioridade nas sesións de Teams e tamén na atención personalizada do alumnado. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen As metodoloxías mantéñense, ainda que cambia na maior parte delas o formato de presentación das mesmas (que se indica a continuación) *Metodoloxías docentes que se modifican Sesión maxistral: sesión semanal a través de Teams para presentación e discusión de contidos. Con respecto á metodoloxía “Estudo de casos” (descripción: “Estudo e valoración de diversos manuscritos para a súa publicación en revistas cientificas”) establecerase unha sesión de Teams para facer unha posta en común da análise dos manuscritos. Logo enviarán ao profesor por mail o documento elaborado en cada grupo (de 3-4 persoas máximo). En canto ás metodoloxías “Traballos tutelados” (descripción: “Pautas para a elaboración dun proxecto ou traballo de investigación”) e “Investigación (Proxecto de investigación)” (descripción: “Pautas para a presentación dun proxecto ou traballo de investigación”), cada alumno elaborará un proxecto ou un traballo de investigación e logo fará unha exposicion vía Teams (en torno a 10-15 minutos) con presentación en PPT do traballo. Logo establecerase un debate en torno á presentación do mesmo. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ademais de estar a disposición do alumnado nas titorías que se soliciten vía Teams, tamén haberá un contacto co alumnado vía mail. 4. Modificacións na avaliación Mantéñense as liñas xerais da avaliación, ainda que se establece algún pequeño cambio que se indica a continuación. *Observacións de avaliación: Os resumos grupais de revisións de manuscritos serán enviadas ao profesor da materia en formato PDF vía mail. Tal e como consta na guía docente da materia, esta actividade computa o 30% da cualificación final A exposición dun proxecto ou traballo de investigación farase vía Teams. Cada alumno/a, durante un tempo máximo de 10-15 minutos, presentará mediante PPT o traballo. Según consta na guía docente da materia, esta actividade computa un 35% a fundamentación teórica e o plantexamento metodolóxico do traballo, e outro 35% a coherencia e claridade expositiva do traballo presentado. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Sen modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes