Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Asignaturas
  Psicoloxía da memoria
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Proxección de vídeos e análise de investigacións sobre contidos específicos da asignatura.
Obradoiro Manexo de programas e outros materiais de estimulación da memoria.
Presentación oral Exposición de diversos apartados do programa, tanto por parte da profesora, a modo de clase maxistral, coma por aquel alumnado que seleccione esta opción como traballo complementario.
Proba de resposta múltiple Realización dunha proba obxectiva tipo test, con catro alternativas de resposta por pregunta, sobre os contidos traballados na aula ao longo do curso.
Traballos tutelados Realización dun traballo que pode consistir na dirección dun seminario, a preparación dunha exposición teórica, revisións da literatura, resúmenes de lecturas complementarias... Valorarase ademáis noutro apartado se o traballo implica o seu desenvolvemento na aula (como seminario ou presentación oral).
Actividades iniciais Aproximación aos coñecementos previos e intereses do alumnado neste ámbito e introdución á asignatura.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes