Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Asignaturas
  Saúde laboral e calidade de vida laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A7 B13 B16 Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto. O/a alumno/a sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo 35
Lecturas A1 A4 A13 B8 C4 Avalíanse a través das outras metodoloxías. 5
Presentación oral A2 A14 A17 B10 B13 B16 C3 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e o profesorado interactúan dun modo ordenado, expondo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica 10
Traballos tutelados A2 A3 A5 A10 A13 A14 A17 B1 B2 B7 B13 C4
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Esta referida prioritariamente á aprendizaxe de "como facer as cousas. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
50
 
Observacións avaliación

Convocatoria ordinaria

A nota final será a suma de todas as metodoloxías. É necesario aprobar cada unha das partes para poder superar a asignatura

Convocatoria Extraordinaria

O sistema de avaliación será o meso en todas as convocatorias. O alumnado poderá gardar a nota das metodoloxías que teña superadas e repetir aquelas que non superase, excepto a sesión maxistral que será substituida por tareas diseñadas en función da asignatura.

Todas as tareas deberán ser entregadas  no campus virtual como  fecha tope o día e hora do examen  oficial de  fixado en xunta de centro.

Alumnado con asistencia parcial  ou dispensa académica : 

O sistema de avaliación será o mesmo que nos casos anteriores. Además, deberá poñerse en contacto coa profesora ao inicio do curso para substituir a sesión maxistral por  tareas consistentes en estudio de casos ou traballos tutelados


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes