Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Asignaturas
  Psicoloxía social da saúde
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A4 A5 A7 A11 A12 A13 C3 C6 Conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editado como fonte de profundización nos contidos traballados.
Computa na evaluación a través das outras metodoloxías
5
Presentación oral A7 B1 C3 C6 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e o profesorado interactúan dun modo ordenado, expondo cuestións, facendo aclaracións e exponinedo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Computa na evaluación a través das outras metodoloxías
10
Recensión bilbiográfica A1 A3 A11 A12 A13 A14 B1 B2 B8 B9 B10 B11 C3 C6 C8 Proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso, comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación á súa propia experiencia. 10
Proba de ensaio A4 A11 A12 A13
Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para unha avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse coas probas obxectivas como a capacidade crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
25
Traballos tutelados A1 A3 A4 A5 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A20 B1 C3 C6 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Esta referida prioritariamente á aprendizaxe de "como facer as cousas. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.


Se o alumno supera satisfactoriamente a avaliación dos traballos tutelados, eximiráselle da realización da proba de ensaio, nese caso esta metodoloxía supoñerá o 75% da cualificación
50
 
Observacións avaliación

Valorarase a asistencia e participación en clase

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes