Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Asignaturas
  Psicofarmacoloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve Ao finalizar o programa da materia realizarase unha proba que constará de preguntas de resposta curta. Coa publicación das cualificacións provisionais fixarase a revisión das mesmas por parte dos alumnos para uns días despois.
Sesión maxistral Introdución polo profesor dos contidos do programa con axuda de materiais multimedia. Resolución ás cuestións expostas polos estudantes
Seminario Seminarios bibliográficos nos que os alumnos exporán ante a clase os traballos tutelados realizados. Posteriormente realizarase un debate sobre o tema exposto
Traballos tutelados Traballos tutelados en grupos sobre un tema proposto polo profesor. Realizaranse para iso tutorías nas que o profesor orientará aos alumnos sobre os puntos a tratar en cada traballo e proporcionaralles material bibliográfico orientativo. Os ficheiros correspondentes a cada traballo e á súa presentación entregaranse a través da plataforma Virtual Moodle antes da data fixada. Os traballos poranse a disposición de todos os alumnos no Moodle.
Solución de problemas Clase práctica nas que se tratará a resolución de problemas sobre distintas cuestións relacionadas co temario da materia
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes