Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Asignaturas
  Psicofarmacoloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Introdución polo profesor dos contidos do programa con axuda de materiais multimedia. Resolución das cuestións expostas polos estudantes
Solución de problemas Clase práctica na que se tratará a resolución de problemas sobre distintas cuestións relacionadas co temario da materia
Traballos tutelados Traballos tutelados en grupos sobre un tema proposto polo profesor. A petición dos estudantes, realizaranse tutorías para concretar os pontos a tratar en cada traballo. Os ficheiros correspondentes a cada traballo e a súa presentación entregaranse a través da plataforma Moodle antes do fin do prazo fixado. Posteriormente os traballos poranse a disposición de todos os alumnos no Moodle.
Seminario Seminario bibliográfico no que os alumnos exporán ante a clase os traballos tutelados realizados. Posteriormente realizarase un debate sobre o tema exposto
Proba mixta Ao finalizar o programa realizarase unha proba que constará de preguntas de resposta curta e/ou tipo test
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes