Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Asignaturas
  Lectura e novas tecnoloxías
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A5 B13 C3 Os estudantes recibirán até 10 puntos pola correcta realización dun blog e dunha práctica de avaliación a través dun recurso TIC. 10
Portafolios do alumno A12 A14 B2 B6 C2 C6 Os estudantes poderán recibir até 50 puntos pola calidade do seu portafolios que será presentado a través dun blog (estrutura, orixinalidade e amplitude dos recursos de avaliación e intervención, complexidade técnica).
Os estudantes que xustificaran a súa imposibilidade legal de participar na materia a tempo completo serán avaliados a través dun exame que cubrirá todos os aspectos tratados ao longo do curso. Por el poderán recibir o 100% da cualificación.
50
Estudo de casos A3 A5 A8 B3 B13 Os estudantes poderán recibir até 30 puntos polo traballo de análise e proposta de recursos de avaliación e tratamento que realizaran cos casos estudados. Este traballo sobre os casos será tamén presentado no blog.
30
Sesión maxistral A12 A13 Na avaliación asignaranse 10 puntos por asistencia ás presentacións que o profesor fará dos temas do programa (para recibila será obrigatorio asistir polo menos ao 80% das clases) 10
 
Observacións avaliación

Na aplicación da "Norma que regula o réximen de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (aprobada en Consello de Goberno de 29 de maio de 2012), os alumnos aos que lle fora recoñecido a condición de estudantes a tempo parcial e a correspondente dispensa académica, quedarán eximidos da obligatoriedade de asistencia as sesións interactivas; nenbargantes, estes alumnos deberán entregar os correspondentes informes e realizar o examen na data establecida.

 "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes