Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Asignaturas
  Intervención psicoeducativa nas dificultades da aprendizaxe da escritura
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A6 A7 A10 A11 A12 A18 B1 B2 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B18 A avaliación final será unha proba mixta (individual) que combine preguntas de resposta curta, preguntas abertas, e de múltiples opcións. Ademais, terá un caso para analizar, avaliar e/ou intervir. 50
Traballos tutelados A8 B7 B15 B16 C6 C8 Deseño e presentación dunha avaliación e intervención psicoeducativa dun caso con DAE.
Traballo en grupo (mínimo 3 máximo 5).
30
Estudo de casos A1 A3 A4 A5 A6 A7 B3 B5 B7 B11 B12 B13 Asistencia, participación e actitude nas actividades de clase (análise de casos, lecturas, aprendizaxe colaborativo e talleres).
20
 
Observacións avaliación

Observacións:


* Respecto da asistencia:


-O alumnado que non poida asistir a clase (modalidade non presencial ou o que estude a tempo parcial (previa autorización da comisión pertinente) é dicir, que teñen dispensa de asistencia total ou parcial, terán que ir á proba mixta (proba oficial) que será a mesma para todo o alumnado e valeralles o 50% da nota. Ademais, terán que realizar os traballos solicitados en clase que será o outro 50% da nota, e que deberán entregarse en tempo e forma co resto do alumnado de clase.


É indispensable que presenten dispénsa de asistencia á profesora.


-Se non cumpren o requisito de dispensa da asistencia terán que ir á proba mixta, realizar os traballos solicitados en clase, dado que estes teñen unha porcentaxe na nota final. A súa nota será sobre o 80% posto que non poderán responder as esixencias do estudo de casos.


-Para o alumnado presencial,  teranse en conta dúas faltas con xustificación médica do alumno. Non se terán en conta ningún outro tipo de xustificacións. Ej: carné de conducir, entrevista de traballo, acompañar a algún familiar, etc.


 -A  materia e cada parte da mesma considéranse aprobadas con 5.0.


-Os alumnos que teñen os traballos aprobados e o exame suspenso ou viceversa poden presentar o exame ou os traballos na convocatoria de xullo.


-Para facer media debe estar aprobado o exame (proba mixta). É unha condición indispensable.


Este criterio é válido para todas as convocatorias de exame.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes