Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Asignaturas
  Avaliación e intervención psicolóxica en dificultades de aprendizaxe
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Avaliación e intervención psicolóxica en dificultades de aprendizaxe Código 652438023
Titulación
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Coordinación
Baña Castro, Manuel
Correo electrónico
m.bcastro@udc.es
Profesorado
Baña Castro, Manuel
Correo electrónico
m.bcastro@udc.es
Web
Descrición xeral MATERIA: AVALIACION E INTERVENCION PSICOLOXICA EN DIFICULTADES DE APRENDIZAXE. Paso 1. Competencias da Titulación 1. Capacidade de análise e síntee as¡i como de aplicar os coñecementos á práctica. 2. Capacidade de traballo con un equipo interdisciplinario. 3. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información procedente de dieferentes fontes). En concreto, o alumnado deberá posuír e potenciar as seguintes competencias e destrezas xenéricas: - Fluidez e propiedade na comunicación oral e escrita. - Compromiso persoal de esforzo para a avaliación psicolóxica en educación e capacidade de análise e síntese. - Habilidades para conseguir analizar información desde diferentes fontes. - Capacidade de crítica e autocrítica. - Capacidade para aplicar a teoría á práctica. - Habilidade para traballar de forma autónoma e en equipo. de fuentes diversas). Paso 2. Competencias da materia 1. Coñecer o concepto de motivación académica e a súa relación e coas dificultades de aprendizaxe. 2. Coñecer as dimensións motivacionais do autoconcepto, metas académicas e atribucións causais en alumnos con dificultades de aprendizaxe. 3. Identificar e definir os problemas psicolóxicos relacionados coa motivación e as dificultades de aprendizaxe da lectura, escritura e cálculo. 4. Coñecer e analizar a importancia da multidimensionalidade e a interdisciplinariedade na avaliación e na intervención psicolóxica en alumnos con dificultades de aprendizaxe. 5. Adquirir habilidades e competencias técnicas suficientes sobre programas de prevención e intervención psicolóxica en déficits motivacionais e de aprendizaxe. 6. Adquirir habilidades e competencias técnicas de uso na avaliación e na intervención psicolóxicas a partir dos principais procedementos e instrumentos utilizados nesta materia. 7. Adquirir coñecementos para o deseño de programas de investigación sobre determinantes das dificultades de aprendizaxe. Paso 3. Contidos 1. O PROCESO DE INVESTIGACION DE VARIABLES CONTEXTUAIS E PSICOLOXICAS INTERVINTES NAS DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ESCOLAR. 2. CATEGORIAS, FACTORES XERAIS INCIDENTES, PROCESO XERAL DE AVALIACION E INTERVENCION PSICOLOXICA NAS DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ESCOLAR. 3. O PROCESO DE AVALIACION PSICOLOXICA E SISTEMICA EN NENOS CON DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ESCOLAR: TEORIAS E MODELOS EXPLICATIVOS. 4. A INVESTIGACION NAS NAS DIFICULTADES COGNITIVAS E DE COMUNICACIÓN QUE INCIDEN NA APRENDIZAXE ESCOLAR. 5. A INVESTIGACION DE VARIABLES PSICOLOXICAS NAS DIFICULTADES DERIVADAS DE DEFICTS MOTIVACIONAIS, DE PERSONALIDADE E PSICOSOCIAIS DE SUXEITOS EN IDADES ESCOLARES. 6. A INVESTIGACION DE VARIABLES CONTEXTUAIS DE INTERACCION PERSOAL E FAMILIAR, ESCOLAR E DE GRUPO DE IGUAIS PARA ALUMNADO CON DIFICULTADES DE APRENDIZAXE. Paso 4. Planificación. O Curso terá tres partes delimitadas e secuenciadas: a) explicación teórica das principais áreas que abranguen as Dificultades de Aprendizaxe e facilitación de información sobre os principais modelos de investigación para as devanditas áreas; b) Proposta de búsqueda por parte do alumno das principais fontes na investigación sobre as dificultades de aprendizaxe; c) análise, discusión e proposta de realización de un deseño de investigación sobre temas relacionados coas áreas das Dificultades de Aprendizaxe. Paso 5. Metodoloxías a) Impartición de Clases teóricas presenciais, nas que se desenvolverán os contidos teóricos fundamentais da materia, utilizando unha metodoloxía que propicie a participación dos estudiantes no inicio da investigación dos núcleos desta materia e apoiada en medios audiovisuais. b) Clases prácticas presenciais, nas que se desenvolverán os contidos prácticos da materia a través da realización de supostos y aplicacións prácticas, especialmente dirixidas á iniciación da investigación. c) Realizacion de Traballos tutelados e outras actividades formativas, nos que de forma tutorial se plantearán, seguirán e valorarán diversos traballos sinalados ao alumnado no transcurso das clases. En concreto, as clases desenvolveranse en sesións teórico-prácticas, de tal modo que o alumnado disporá do material necesario tanto para a parte teórica como para a súa aplicabilidade de investigación ao longo do desenvolvemento das sesións/clases do curso. Paso 6. Atención persoalizada. Cada alumno ou grupos de un máximo de tres/catro alumnos deberá realizar e entregar un traballo de fin de curso no que se desenvolva un deseño de investigación sobre calquera dos temas do programa. Para a realización deste deseño o alumno ou cada grupo contará coa titoría e asesoría persoalizada do profesor que proporcionará os recursos necesarios para o desenvolvemento do traballo. Paso 7. Avaliación. a) Realización dunha proba escrita ao final do cursdo e conterá unha proba de tipo test e pregunta curta (equivalente ao 50% do total). b) Unha exposición individual ou en grupo (proba oral) do deseño de investigación realizado (equivalente ao 50% do total). c) Proba final escrita, fixada pola Facultade, que tratará sobre o contido global do curso, para tódolos alumnos e alumnas que non realizasen as probas dos apartados a) e b). A nota final será a media das puntuacións obtidas ó longo do curso (parte teórica e as actividades prácticas da asignatura). Observacións: -Cada parte, das dúas de que consta a avaliación final, considérase aprobada con 5.0 -Se hai unha parte aprobada e a outra suspensa será necesario presentarse ó exame final da parte suspensa. En ningún caso farase a media se unha parte está suspensa. Paso 8. Fontes de información. B/ BIBLIOGRAFIA (REVISTAS CIENTIFICAS) Revista Galego Portuguesa de Psicoloxía e Educación. Psicothema. Quinesia. Infancia y Aprendizaje. Revista de Ciencias de la Educación. Revista de Educacion. Análisis y Modificación de Conducta. Journal of Learning Disabilities. Journal of Special Education. Revsista Iberoamericana de Educación. Revista Españaola de Pedagogía. Paso 9. Recomendacións. É importante que o alumnado esté iniciado no traballo e manexo do paquete estatístico SPSS, xa que deberá utilizalo con certa frecuencia ao longo do curso.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes