Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Asignaturas
  Comunicación aumentativa e alternativa no contexto da educación especial
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Comunicación aumentativa e alternativa no contexto da educación especial Código 652438026
Titulación
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral As persoas con trastornos graves e severos do desenvolvemento presentan xunto con outras dificultades, graves problemas no eido da comunicación. É posible que as súas habilidades de comunicación sexan non intencionais, que os seus actos comunicativos teñan intencionalidade pero non a amosen no nivel simbólico e mais é posible que xa estean comezando a comunicarse con símbolos. En calqueiera dos casos hai que apoialas para que poidan realizar as transicións cara a seguinte etapa da comunicación. Para poder axudalas non só hai que ter en conta á persoa con discapacidade senon tamén aos interlocutores, quen poden non saber como desenvolver un estilo de comunicación responsivo, senon tamén a contorna que pode non estar proporcionando oportunidades para a comunicación. Neste sentido cómpre desenvolver valoracións ecolóxicas, e identificar e recoñecer as modalidades comunicativas idiosincrásicas da persoa para entendelas como actos comunicativos potenciais. É a partires desta valoración que se poderá elixir a vía cara a intervención axeitada.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non son necesarias. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas. *Metodoloxías docentes que se modifican Se non é posible realizar as sesións maxistrais na Facultade, substituiranse por sesións telemáticas síncronas a través de Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Teams, teléfono e correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación Non son necesarias *Observacións de avaliación: Se non é posible realizar a proba obxectiva na Facultade, farase telemáticamente (en calquera caso, a través de Moodle). 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Nons son necesarias.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes