Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Asignaturas
  Comunicación aumentativa e alternativa no contexto da educación especial
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A7 A13 A19 B7 B10 B12 C4 C7 Avaliaranse nas restantes metodoloxías. 0
Proba mixta A5 A7 A13 B12 Para superar a materia, o alumnado realizará unha ou varias probas escritas con preguntas tipo test e preguntas de resposta breve sobre os contidos da materia. 40
Presentación oral A13 B2 B10 B15 C3 O alumnado, por grupos, realizará unha presentación oral dos contidos propostos ante o resto dos compañeiros.
Valorarase a calidade da exposición, a relevancia dos contidos seleccionados na presentación e a demostración da súa comprensión.
40
Análise de fontes documentais A5 A13 A14 A15 B18 C3 C7 Ao longo do curso iranse propoñendo distintas tarefas e actividades (lecturas, traballo con materiais, documentos audiovisuais, etc.) sobre as que o alumnado deberá traballar tomando en consideración as orientacións do profesorado. Estos contidos serán avaliados na/s proba/s mixta/s. 0
Estudo de casos A7 A13 A14 A15 B15 B18 C3 O alumnado presentará o estudo dun caso proposto de acordo aos seus intereses profesionais ou académicos 20
 
Observacións avaliación

OPCIÓN
A

Alumnado
con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase
igual ou superior ao 80%:

a)
Elaboración e presentación dun estudo de caso (60%).

b) Proba/s escrita/s (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (40%).

OPCIÓN
B

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia, 
segundo establece a "Norma que
regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos
estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade daCoruña"
 (aprobada
en Consello de Goberno do 28 de xuño do 2016):

Elixirá, ao comezo do curso, entre a opción A ou:

- Un exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos da materia (50%), asi como a presentación dun traballo no que realice igualmente un estudo de caso (50%)

OBSERVACIÓNS
ADICIONAIS:

1. Para superar a materia cómpre obtener unha puntuación do 50% do peso de cada
unha das partes obxecto de avaliación (presentacións, traballos e exame).

2. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria
de maio. 

3.
Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o
19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concurra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso
académico. 

Así,
será cualificado como “Non presentado” cando:

a)
Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na
guía docente, ou

































b) Non entregue o traballo nin se presente á proba do período oficial de avaliación. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes