Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa
 Asignaturas
  A educación dos medios de comunciación na sociedade multipantalla
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) A educación dos medios de comunciación na sociedade multipantalla Código 652439008
Titulación
Mestrado Universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral A finalidade do título Master Universitario en “Innovación, Orientación e Avaliación Educativa” é a adquisición por parte do estudiante dunha formación avanzada de carácter especializado e multidisciplinar no campo da Innovación, Orientación e Avaliación educativa, encamiñada a súa especialización académica e científica e a promover a iniciación en tarefas investigadoras. Preténdese formar profesionais e investigadores cunha visión crítica e proactiva, que conten cos elementos teóricos, metodolóxicos e tecnolóxicos necesarios para deseñar, avaliar e liderar alternativas educativas innovadoras. A asignatura A educación dos medios de comunicación na sociedade multipantalla aporta aos estudios deste máster a necesaria formación académico/investigadora no campo da educación mediática para aqueles estudiantes que queran seguir a súa carreira académica e profesional neste ámbito. A educación mediatica non só é un área de estudio de especial relevancia na sociedade actual, a cal é definida como sociedade da información e sociedade multipantalla, senon que é un área fundamental na formación de toda aquela persoa interesada na investigación e a innovación educativa. Todo profesional e investigador no ámbito educativo debe coñecer o papel dos medios de comunicación na sociedade actual e na educación; debe ademais ser capaz de analizar de forma crítica os produtos mediáticos tendo en conta todos os aspectos relacionados coa súa producción, distribución e recepción; debe tamén ser capaz de levar a cabo procesos de produccion, participación crítica e creación propia de productos mediáticos; e debe finalmente ser capaz de contribuir ao avance da investigación e aplicación nos campos de acción educativa dunha adecuada educación en medios de comunicación.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes