Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2015)
 Asignaturas
  Psicopatoloxía da linguaxe e trastornos no desenvolvemento da linguaxe e a comunicación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A4 B2 Asistencia e participación nas clases 10
Portafolios do alumno A5 C6 Avaliarase o portafolios cos exercicios, lecturas e prácticas derivados dos contidos teóricos 90
 
Observacións avaliación

A avaliación realizarase de forma individualizada
en cada unha das materias do máster. A avaliación será continua e incluirá unha
valoración cuantitativa do rendemento de cada estudante en cada actividade
realizada (incluídas as probas de exame que se poidan programar). Estas
actividades serán recollidas polos estudantes nun portafolios por materia. Nel
os estudantes recollerán todos os esquemas, presentacións, traballos
realizados, lecturas, prácticas, cuestionarios contestados, etc. Este
portafolios estará dispoñible sempre que o profesorado queira supervisalo e, en
todo caso, será entregado ao finalizar as clases presenciais da materia para a
súa supervisión e cualificación. Cada profesor avaliará as actividades
realizadas, segundo as metodoloxías docentes empregadas, en os créditos que
teñen asignados. A cualificación na materia será o resultado da media das
cualificacións dos profesores que a impartan. A cualificación de cada profesor
será ponderada segundo o número de créditos que imparte. No caso de utilizar
probas puntuais de exame (proba obxectiva, preguntas tipo tema, etc.) a súa
cualificación considerarase como parte do portafolios da materia, sen que o seu
peso poida superar o 50% da nota total asignada ao portafolios. O resto da
cualificación virá determinada polos criterios seguintes: Asistencia a clase
(por enriba do 80%): 10% Realización de lecturas e traballos tutelados: 30%
Nivel de rendemento madureza demostrada en actividades prácticas e tutorías:10%

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes