Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2015)
 Asignaturas
  A avaliación psicolóxica das alteracións do linguaxe e a comunicación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 B2 B4 Os estudantes levarán a cabo un traballo académico relacionado cos contidos da materia co fin de valorar se alcanzaron as competencias relacionadas con ela 60
Portafolios do alumno A1 B2 B4 Avaliarase o portafolios cos exercicios, lecturas e prácticas derivados dos contidos teóricos 40
 
Observacións avaliación

A avaliación será continua e
incluirá unha valoración cuantitativa do rendemento de cada estudante en cada
actividade realizada (incluídas as probas de exame que se poidan programar).
Estas actividades serán recollidas polos estudantes nun portafolios por
materia. Nel os estudantes recollerán todos os esquemas, presentacións,
traballos realizados, lecturas, prácticas, cuestionarios contestados, etc. Este
portafolios estará dispoñible sempre que o profesorado queira supervisalo e, en
todo caso, será entregado ao finalizar as clases presenciais da materia para a
súa supervisión e cualificación. Cada profesor avaliará as actividades
realizadas, segundo as metodoloxías docentes empregadas, en os créditos que
teñen asignados. A cualificación na materia será o resultado da media das
cualificacións dos profesores que a impartan. A cualificación de cada profesor
será ponderada segundo o número de créditos que imparte. No caso de utilizar
probas puntuais de exame (proba obxectiva, preguntas tipo tema, etc.) a súa
cualificación considerarase como parte do portafolios da materia, sen que o seu
peso poida superar o 50% da nota total asignada ao portafolios. O resto da
cualificación virá determinada polos criterios seguintes: Asistencia a clase
(por enriba do 80%): 10% Realización de lecturas e traballos tutelados: 30%
Nivel de rendemento madureza demostrada en actividades prácticas e tutorías:10%

Para a Segunda Oportunidade o alumno será avaliado da/s proba/s pendente/s ou non superadas, mantendo a porcentaxe establecida sobre a cualificación final. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes