Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2015)
 Asignaturas
  Intervención nas alteracións da aprendizaxe da lecto-escritura e aportacións das TIC
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Intervención nas alteracións da aprendizaxe da lecto-escritura e aportacións das TIC Código 652498035
Titulación
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2015)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 9
Idioma
Castelán
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Coordinación
Fernández Fernández, María Pilar
Correo electrónico
pilar.fernandez1@udc.es
Profesorado
Fernández Fernández, María Pilar
Iglesias Amorin, Fernando
Correo electrónico
pilar.fernandez1@udc.es
f.amorin@udc.es
Web
Descrición xeral Os obxectivos desta materia poden resumirse nos seguintes: Proporcionar un coñecemento básico sobre a dimensión estrutural, funcional e procesual dos principais trastornos da linguaxe escrita. Analizar o papel da memoria no funcionamento lingüístico e cognitivo en tarefas de lecto-escritura. Deseñar actividades reintervención funcional para un bo desenvolvemento lecto-escritor. Que establezan relacións entre os procesos implicados na lingua escrita e os diferentes tipos de dificultades que poden presentar os nenos nesta tarefa Que deduzan o bo uso e/ou as dificultades que encontran os nenos na lingua escrita a partir da análise funcional das tarefas realizadas por estes Que estuden que información e que variables debemos coñecer para entrar no diagnóstico diferencial entre o atraso lector (dificultades globales,…) e as dificultades específicas Que tomen conciencia de que na intervención, os obxectivos deben ser coherentes coa valoración funcional levada a cabo. Que coñezan o modelo PASS (planificación, atención, procesamento sucesivo, procesamento simultáneo) e a relación destes procesos coa lectura Ademais, nesta materia preténdese que o estudante coñeza os diferentes procedementos tecnolóxicos deseñados dende as TIC para facilitar a aprendizaxe da lecto-escritura, tratar as dificultades de aprendizaxe neste dominio e mellorar a nosa capacidade tecnolóxica para investigar os procesos que interveñen na comprensión lectora
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizan. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral, Portafolios, Estudo de casos. *Metodoloxías docentes que se modifican Non se modifica ningunha metodoloxía. As metodoloxías se desenvolverán de xeito virtual. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A través de Teams e correo electrónico en horario de titorías. 4. Modificacións na avaliación Non hai ningunha modificación. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía No hai ningunha modificación.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes