Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2015)
 Asignaturas
  Intervención nas alteracións da aprendizaxe da lecto-escritura e aportacións das TIC
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
XERAIS DA MATERIA Poden describir os principios xerais da intervención preventiva nas dificultades en lecto-escritura. Poden informar sobre as funcións de prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento nas dificultades de aprendizaxe da lecto-escritura. Poden describir e utilizar os modelos e as técnicas de intervención específicas para a lecto-escritura. Poden informar sobre as características diferenciais da intervención sobre a lectura e a comunicación nos ámbitos familiar, escolar, clínico e asistencial. Son capaces de realizar unha intervención en trastornos específicos da linguaxe escrita e nas dificultades de lectura, tanto en nenos tipo, como na comunidade de nenos xordos. Poden realizar unha planificación estratéxica da intervención na área de lectura e comunicación. Dispoñen de recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións. Son capaces de seleccionar e utilizar recursos procedentes das TIC para a intervención en lecto-escritura e nos trastornos da comunicación. AP4
AP6
BP2
BP4
CP7
CP8
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes