Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Inclusión educativa e práctica psicopedagóxica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A8 B2 B8 C7 Dado que pretendemos favorecer a capacidade de "aprender a aprender", non podemos cair na contradición dunha modalidade de avaliación incoherente coas metas que orientan este proxecto de docéncia. Se pretendemos fomentar a capacidade de reflexón crítica é preciso que as estratéxias e provas de avaliación que promovamos permitan comprovar até que ponto se mellorou na capacidade de análise e reflexón crítica sobre as perspectivas teóricas e práticas que estudamos durante o curso.

Xa que logo, a avaliación terá en conta as seguintes cuestións:

*** De maneira principal, valorara-se a participación nos debates no seio dos grupos e nos debates abertos sobre as leituras realizadas.

** As aportacións documentais e de investigación persoal realizadas durante o seminario

* A proba de ensaio sobre a temática abordada na matéria. Este ensaio valorará especialmente a forma de argumentar de xeito coerente e coa adecuada fundamentación sobre un tema amplo, que cruza vários dos núcleos e temas desenvolvidos durante o curso. Para a realización deste ensaio póde-se utilizar todo o material bibliográfico de que se dispoña e notas persoais.

60
Seminario B2 B4 Serán tomadas en conta na avaliación:

a)A participación activa do alumnado nos diferentes temas de debate. As aportacións realizadas nas que se pon de manifesto a consulta dos materiais proporcionados ou de pesquisa persoal.
b)A elaboración e análise de casos e a aportación creativa e informada na súa análise e nas propostas educativas de acción pedagóxica
40
 
Observacións avaliación

En xeral, tanto para valorar os traballos, como a participación nos debates e o exame final terase en conta:
•    a utilización do coñecimento disponível;
•    a comprenson das ideias básicas desenvolvidas;
•    o domínio conceptual;
•    a elaboración de ideias;
•    a capacidade para relacionar ideias;
•    a profundidade nas análises e na sua fundamentación;
•    a capacidade crítica, e
•    o estilo próprio e a claridade expositiva de esquemas e do seu desenvolvimento.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes