Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Estudo de necesidades e avaliación de programas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 B4 B10 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
100
 
Observacións avaliación

De acordo coas Normas de Avaliación, Revisión
e Reclamación de Titulacións dos estudos de Grao e Mestrado, a materia aposta
pola avaliación continua e as metodoloxías de aprendizaxe activa. Para aprobar
a materia, o alumnado deberá obter un 5 na cualificación global da materia e
ter superado cada unha das metodoloxías avaliables.

Para o alumnado que non poida asistir por
causa xustificada, manterase o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá
coñecer as actividades propostas e as súas datas de entrega.

Polo tanto, o día sinalado no calendario
oficial non se realizará ningún exame, xa que a avaliación continua terá
rematado ao remate da impartición da materia.

Enténdese que os universitarios asumiron as
capacidades lingüísticas en relación coa expresión oral e a escrita. Polo
tanto, a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), a
corrección gramatical e léxica resulta imprescindible e obrigatoria nos
traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a
materia.

En canto á realización fraudulenta das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no REGULAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA Aprobado polo Consello de Goberno do 27/02/2023.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes