Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Política e lexislación socioeducativa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A8 B3 B8 B11 C1 Trátase da lectura e análise dos documentos de traballo que serven ao alumnado para a profundización dos contidos. 25
Análise de fontes documentais A2 A6 A11 B9 B12 C4 C6 C7 Preténse que o alumnado faga indagacións na búsqueda de novas fontes documentais para completar os contidos da materia 25
Traballos tutelados A6 A8 A11 B1 B3 B8 B11 B12 C1 C4 C6 C7 Tratase de que o alumnado realice un traballo sobre algún contido da materia no que se inclua un aparto de investigación inédita. 50
 
Observacións avaliación

- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- O alumnado na modalidade non presencial deberá realizar as actividades propostas para o resto do alumnado e entregalas nos prazos establecidos. O traballo tutelado terá un carácter individual.

- Os criterios e metodoloxías de avaliación manteranse na segunda oportunidade da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes