Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Intervención psicopedagóxica nas dificultades de aprendizaxe
   Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Planificar a intervención educativa en diferentes contextos, identificando e interpretando as dificultades e trastornos que poidan xurdir no proceso de ensino-aprendizaxe.
A6 Dominar o marco lexislativo que regula o funcionamento das diversas institucións e adoptar un marco teórico de referencia que ampare os criterios de selección dos diferentes instrumentos e estratexias de diagnóstico, intervención e avaliación.
A8 Deseñar, implementar e avaliar prácticas educativas, programas e servizos que dean resposta ás necesidades das persoas, organizacións e colectivos específicos, promovendo a presenza, participación e éxito de todo o alumnado en contornos educativos e sociolaborais.
B2 Aprender a aprender
B3 Capacidade de resolución de problemas
B4 Capacidade de aplicar coñecementos na práctica psicopedagóxica
B6 Traballar de forma autónoma e con iniciativa
B7 Traballar de forma colaborativa
B10 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B11 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B12 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes