Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Deseño e interpretación de probas diagnósticas
   Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Análise de fontes documentais
Estudo de casos
Descrición
Durante o desenvolvemento das actividades prácticas, os grupos disporán de 1h (aprox.) de atención personalizada na aula, entendida como atención, supervisión e seguemento dos grupos de traballo, para resolver as dúbidas que poidan xurdir durante o manexo de fontes e a resolución de problemas prácticos. Isto supón que o alumnado debe participar nas sesións prácticas de xeito activo.

Así mesmo, o alumnado poderá consultar dúbidas no horario de titorías. As ditas titorías atenderanse tanto de forma presencial (despacho P1 A19) como virtual (TEAMS, Outlook), exclusivamente no horario de titorías da docente que figura na web da Facultade.


----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudante dos Grao na UDC (Art. 2.3.,3b y 4.5) (29%5/212)".
Este alumnado desenvolverá a súa actividade coa asistencia e a participación nas dinámicas recollidas no apartado de "Metodoloxías" y en "Atención personalizada", aplicable ás prácticas de "análise de fontes documentais" e "estudo de casos", sempre que lle sexa posible. As actividades faranse seguindo as observacións de avaliación sobre a flexibilidade da asistencia-participación e os requerimentos para superar a materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes