Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Deseño e interpretación de probas diagnósticas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A6 A11 B5 B7 B11 C1 C6 Valorarase segundo os seguintes criterios:
1. Riqueza bibliográfica (nº referencias e estudios manexados, revistas de calidade, referencias recentes, principalmente dos últimos 5 anos, bases de datos estranxeiras e nacionais).
2. Capacidade de síntese e precisión na narración escrita.
3. Utilización adecuada das Normas APA.

A actividade levarase a cabo en grupos.
10
Proba obxectiva A6 B5 B10 B11 B12 C1 C6 Valorarase a adquisición dos coñecementos teóricos e prácticos mediante unha proba final (ou varias probas ao longo do cuadrimestre) que poderá incluir preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
40
Estudo de casos A9 B5 B10 B11 B12 C6 O caso ou casos traballados poderán ser avaliados na súa presentación por escrito e/ou oral na aula, por parte dos integrantes do grupo, que traballarán e exporán os seus resultados dun modo colaborativo.

Terase en conta a capacidade do alumnado para aplicar os coñecementos teóricos adquiridos, para resolver problemas en entornos novos ou pouco conecidos, a súa integración para formular xuizos e para comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan.
50
 
Observacións avaliación

REQUERIMENTOS PARA SUPERAR A MATERIA:

  • Asistir a clase. A asistencia a clase é
    obrigatoria nun 80% das sesiones.
  • Participar en clase. A condición de alumnado asistente (80% de asistencia)
    supón, non só a asistencia, senón tamén a participación e aproveitamento do
    tempo de clase.
  • Realizar
    todas as actividades obrigatorias que computan na avaliación final da materia;
    isto é: a proba obxectiva (final e/ou parciais), a análise de fontes
    documentais e os estudos de casos. 
  • Acadar
    o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar
    a materia, calquera que sexa a modalidade de avaliación á que se somete o
    estudante. No caso de non acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación
    final será de 4 puntos.
  • Axustarse ás datas de entrega sinaladas no calendario
    presentado durante a presentación da materia. As entregas fóra de prazo ou a
    ausencia de entrega terán unha calificación de 0 puntos e, polo tanto, suporán
    unha calificación final de suspenso.
  • Realizar as actividades propostas, aproveitando e
    optimizando o tempo que se destina na aula
  • Realizar
    traballos de carácter orixinal. O incumprimento das normas éticas na
    realización de traballos académicos suporá unha calificación de 0 puntos na
    mesma e, polo tanto, dará lugar a unha calificación final de suspenso. Baixo
    ningunha circunstancia aceptaranse traballos parcial ou totalmente extraídos
    doutras fontes que non foran debidamente citadas.

MODALIDADES DE AVALIACIÓN



Tendo en conta a posible existencia de alumnado que, polas súas
circunstancias particulares non cumpla co requisito de asistencia, terase en
conta diversas modalidades de avaliación segundo o réxime de adicación do alumnado:

  • Avaliación continua: modalidad de
    avaliación aplicable a alumnado asistente; é dicir, a aquel
    que cumpla co requisito de asistencia dun 80%, tanto das sesións teóricas como
    prácticas; e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial:
    • Alumnado asistente: Será
      evaluado ao longo do proceso de aprendizaxe, a través da realización das
      diversas prácticas establecidas dentro das metodoloxías de avaliación (análise
      de fontes documentais, estudos de caso) que será entregado nas datas establecidas
      pola docente. De forma complementaria, poderánse realizar probas (tests) de
      avaliación continua, que computen na porcentaxe asignada á “proba obxectiva”.
    • Alumnado con recoñecemento
      de dedicación a tempo parcial: atendiendo á norma que regula o réxime
      de adicación ao estudo e a permanencia e progresión dos estudantes de grao e
      mestrado universitario na Universidade da Coruña (aprobada en Consello de
      Goberno o 28 de xuño de 2016), nos seus artigos 4, 5 y 6, será necesario que
      este alumnado solicite a dispensa e a entregue á docente, concertando unha
      titoría na que lle informará sobre o xeito en que se desenvolverá o proceso de
      aprendizaxe. Realizará as actividades de forma individual, e a súa avaliación
      consistirá na entrega das prácticas establecidas dentro das metodoloxías de
      avaliación (de maneira autónoma, e cunha ponderación de 60%) e a avaliación
      final por medio da proba obxectiva (40%), podéndose someter ás avaliacións
      continuas nas mesmas condicións que o alumnado non asistente, sempre que cumpra
      os prazos establecidos pola docente.  
  • Avaliación
    final: 
    modalidade de avaliación aplicable ao alumnado non asistente (aquel
    que non cumpre co requisito de asistencia mínimo do 80%). Recoméndaselle a
    realización das actividades prácticas (análise de fontes documentais, estudo de
    casos) de modo autónomo, e acoder regularmente a titorías para a consulta de
    dúbidas sobre as mesmas. Será avaliado mediante proba obxectiva na que se
    introducirán (a) preguntas relativas aos contidos das actividades realizadas
    polo alumnado na modalidade de avaliación continua (60%) e (b) preguntas
    referidas aos contidos teóricos da materia (40%). 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes