Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Orientación profesional
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Orientación profesional Código 652511217
Titulación
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Espiñeira Bellon, Eva Maria
Correo electrónico
eva.espineira@udc.es
Profesorado
Espiñeira Bellon, Eva Maria
Correo electrónico
eva.espineira@udc.es
Web http://http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=asignatura&codigo=652511217&grupo=
Descrición xeral A orientación profesional conta con importantes implicacións para a intervención escolar e sociolaboral. Caracterizarase o seu desenvolvemento institucional, planificaranse e avaliaranse intervencións aplicables a diferentes contextos e persoas destinatarias, tendo en conta unha actitude crítica e transformadora ante diferentes enfoques (xénero, TICs,...).
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Traballos tutelados (con atención personalizada) (computa na avaliación). - Análise de fontes documentais (de traballo autónomo do alumnado da bibliografía presentada). - Sesión maxistral (incorporando os contidos da materia en Moodle). - Estudo de casos (con atención personalizada) (computa na avaliación). - Aprendizaxe colaborativa (o alumnado poderá elixir a seguer a traballar en pequenos grupos ou de maneira individual) nos traballos tutelados. - Prácticas a través de TIC (o alumnado deberá entregar todos os traballos realizados mediante Moodle). *Metodoloxías docentes que se modifican - Proba de ensaio (non se realizará, xa que a avaliación destes coñecementos incorpórase na metodoloxía dos “Traballos tutelados”). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver os “Traballos tutelados” e os “Estudos de casos”, onde se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. Teams: Unha sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. En caso de ser preciso, unha sesión semanal en pequeno grupo (de acordo ao número de persoas que conformen os grupos de traballo, de ser o caso), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados” e “estudos de caso”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación - Traballos tutelados (50%): O alumnado asistente ten unha tarefa para subir a Moodle cada traballo tutelado. - Estudo de casos (50%): O alumnado asistente ten unha tarefa para subir a Moodle o estudo de casos. Os criterios de avaliación de ambas modalidades de avaliación serán os seguintes: ? Adecuación ás directrices establecidas para cada actividade. ? Adecuación das respostas establecidas. ? Claridade da presentación do estudo de casos ou traballo tutelado en xeral así como de cada unha das actividades. ? Puntualidade na entrega da tarefa. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: ?As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbo presenciais ate o momento no que se suspende a actividade presencial. Estas modificacións no proceso de avaliación aplicaranse tanto na primeira oportunidade de exame oficial como na segunda. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da materia dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes