Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Orientación profesional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A6 A12 Documento de elaboración individual no que se recolle e reflexiona sobre as aprendizaxes adquiridas e sobre o proceso mesmo de aprendizaxe 50
Traballos tutelados A1 A6 A7 A12 A13 B3 B4 B6 B10 B13 C6 C8 Deseño dunha proposta de orientación profesional que integre o enfoque de xénero
Bosquexo dunha pesquisa nunha das liñas de investigación
50
 
Observacións avaliación

Requisito para superar a materia

Para superar a materia é imprescindible obter a metade da
cualificación outorgada a cada unha das dúas actividades que computan na
avaliación



Avaliación das actividades grupais

A cualificación das  actividades grupais  vai ser ponderada  pra cada  membro do grupo cos resultados da autoa-avaliación e  co-avaliación.


Actividades optativas

Coa realización de actividades optativas poden obterse
até   dous puntos.



Modalidade de  avaliación para  as  persoas que non podan asistir
as aulas

Aquelas persoas que, por razóns debidamente acreditadas non podan
ter unha asistencia superior ó 85%, poden acollerse a unha modalidade de
avaliación específica. Para poder optar  esta modalidade   hai
que contactar inmediatamente coa  profesora  para
concretar as actividades de avaliación e o seu proceso de supervisión e seguimento.

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA



Ausencia de citación de fontes

As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse,
o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen
declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da

Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións,
aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013

,  que  establece “na realización de traballos, o plaxio
e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de
internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade"

Os contidos incluídos nos traballos deben estar 
referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normas
APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ª
edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se
re-elaboran.

Plaxio

O plaxio en calqueira das  actividades da avaliación será
motivo  de suspenso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes